Argozón, Chantada
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Argozón.
Argozón | |
---|---|
![]() Igrexa de San Vicente de Argozón. | |
Concello | Chantada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°39′56″N 7°52′03″O / 42.6656, -7.8675 |
Poboación | 152 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Argozón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística[2] en 2016 tiña 182 habitantes (84 homes e 98 mulleres), 26 menos ca en 2007 (96 homes e 112 mulleres nese ano). Ten dez entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Argozón podería ter orixe nun antropónimo de orixe xermánica derivado en -one emparentado con Aragunte ou Aragundia. Aparece rexistrado na documentación medieval do mosteiro de Oseira como Argonçon.[3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Vicente de Argozón, de orixe románica, da segunda metade do século XII, con reformas na nave e sancristía no XVIII.
- Capela de Gordón, do século XVII e principios do XVIII.
- Cruceiro de Argozón.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Portada da igrexa de Argozón.
-
Ábsida da igrexa de Argozón.
-
Fiestra na ábsida da igrexa de Argozón.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Argozón
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Argozón no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
Amorín de Abaixo | Amorín de Arriba | Ansemil | Cotobade | Ferreiros | Freán | Gordón | Quinzán das Peras | San Vicente | Vilameá |
Parroquias de Chantada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Nomenclátor de Galicia. Ano 2016. Chantada". Instituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 3 de marzo de 2017.
- ↑ Méndez, Luz; Navaza, Gonzalo (2004). "Xentilicios e nomes persoais na toponimia de Chantada". En R. Álvarez, F. Fernández Rei e A. Santamarina (eds.). A lingua galega: historia e actualidade 3. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega - Instituto da Lingua Galega. p. 526.