A Sariña, Chantada
A Sariña | |
---|---|
Igrexa parroquial da Sariña | |
Concello | Chantada[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°34′08″N 7°44′30″O / 42.56901317, -7.74170443 |
Área | 1,14 km² |
Poboación | 26 hab. (2019) |
Densidade | 22,81 hab./km² |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente da Sariña é unha parroquia do concello de Chantada, situada preto da ribeira do río Miño, a 2 km da ponte de Portotide, e a 6 km da vila de Chantada. No ano 2019 tiña 26 habitantes distribuídos en 1,14 [2] km², segundo datos do INE[3] e do IGE[4], deles 22 eran homes e 22 eran mulleres.
Economía
[editar | editar a fonte]As principais actividades desta parroquia baséanse na explotación dos recursos naturais propios desta terra; así, os seus habitantes dedicáronse dende sempre á venda de produtos naturais como os tomates, patacas, froita de tempada etc, nas feiras e mercados máis próximos e coñecidos, como son os de Chantada e Escairón, aínda que tamén existe actividade gandeira e sobre todo vitivinícola, debido en gran parte á cultura do viño promovida pola proximidade da coñecida Ribeira Sacra lucense.
Pódese apreciar certa actividade artesá, pois era a xente da parroquia quen facía coas súas propias mans as cestas para a recollida das uvas na vendima ou as olas de vimbio.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A pesar de se tratar dunha pequena parroquia, destaca a súa fermosa igrexa, coñecida como Igrexa de Santa María da Sariña. Construída na primeira metade do século XVIII, presenta planta e ábsida rectangulares. Os muros son de cantaría de granito e a cuberta a dúas augas. A fachada, que se remata cunha espadana de dous vans, responde a características barrocas, cun frontón partido pola espadana e un gran óculo central. No lado norte atopamos un altar exterior pegado ó muro, cunha imaxe da Virxe sobre un podio, todo isto en pedra. Dentro impresiona o maxestoso altar que a domina. Esta igrexa xurdiu en principio como unha ermida de peregrinación. Era coñecida ata hai ben pouco a romaría do día 9 de setembro, que actualmente vai a menos a pesar dos esforzos dos escasos párrocos para atender as numerosas parroquias da zona.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Altar muro Norte.
-
Talla sobre Pórtico.
-
Talla Capela exterior.
-
A Sariña Vistas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Sariña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia da Sariña no concello de Chantada (Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Chantada
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "www.concellodechantada.org". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2012. Consultado o 24 de decembro de 2012.
- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2016.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 24 de decembro de 2012.