Benita Ferrero-Waldner
Benita Ferrero-Waldner, nada en Salzburgo o 5 de setembro de 1948, é unha política austríaca afiliada ao conservador Partido Popular de Austria (ÖVP).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou traballando no sector privado, para pasarse á diplomacia en 1984 como xefa de protocolo do Secretario Xeral de Nacións Unidas, Boutros Boutros-Ghali. Desde 1995 a 2000 foi Secretaria de Estado baixo os gobernos socialdemócratas de Franz Vranitzky e Viktor Klima. Cando Wolfgang Schüssel foi elixido Chanceler de Austria a principios de 2000, Ferrero-Waldner converteuse en Ministra de Asuntos Exteriores, un posto que mantivo até outubro de 2004, sendo sucedida por Ursula Plassnik.[2]
En xaneiro de 2004 anunciouse a intención de Ferrero-Waldner de competir polo posto de Presidente de Austria, substituíndo a Thomas Klestil, tendo como único opoñente a Heinz Fischer. A súa candidatura foi apoiada polo ÖVP, pero o socialdemócrata Fischer gañaría as eleccións o 25 de abril de 2004, recibindo o 52,4% dos votos fronte ao 47,6%. Trala derrota electoral, é nomeada en xullo de 2004 Comisaria Europea por Austria na Comisión Barroso, substituíndo a Franz Fischler. Nun primeiro momento, ocupa a carteira de Relacións Exteriores e Política Europea de Veciñanza, pero coa creación do Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade pasa a ser Comisaria de Comercio, Política Europea de Veciñanza e Oficina de Cooperación Europaid até 2010.
Desde xullo de 2014 até maio de 2019 foi Socia do Despacho Cremades & Calvo-Sotelo Avogados.[3]
Está casada co español onteniense Francisco Ferrero Campos, director do Instituto Cervantes na súa sede de Bruxelas.
Obras
[editar | editar a fonte]- Ferrero-Waldner, Benita; König, Ewald ("aufgezeichnet von") (2017). Benita: Wo Ein Wille, Da Ein Weg. Erfahrungen einer Europaerin und Kosmopolitin (en alemán). Wien/Köln/Weimar: Böhlau Verlag. ISBN 978-3-205-206200.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Benita Ferrero-Waldner appointed to Munich Re’s Supervisory Board" (en inglés). Munich Re. 17 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2016.
- ↑ "Dª. BENITA FERRERO-WALDNER" (PDF). Gamesa Corp. 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2016. Consultado o 27 de setembro de 2016.
- ↑ Benita FERRERO-WALDNER Presidenta de Honor de la Fundación Euroamérica
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benita Ferrero-Waldner |