Benito Colín Veiga
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1883 Foz, España |
Morte | 10 de decembro de 1936 (52/53 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Cervo | |
maio de 1936 – xullo de 1936 | |
Actividade | |
Ocupación | xastre |
Partido político | Unión Republicana |
Membro de | |
Benito Colín Veiga, nado en Foz cara a 1883 e finado en Lugo o 10 de decembro de 1936, foi un xastre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xastre. Retornado da emigración en Cuba nos anos vinte, abriu unha xastrería na Praza do Lugar. Foi un dos fundadores da UGT de Cervo. Militante de Unión Republicana da que era tesoureiro do Comité local de Cervo en 1936. Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Cervo en maio. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo. Xulgado en Lugo en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo 10 de decembro de 1936 con José María Correa Miranda.
Predecesor: ? |
Alcalde de Cervo 1936 |
Sucesor: ? |