Benito Loigorri
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1885 ![]() Biarritz, Francia ![]() |
Morte | 1 de febreiro de 1976 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | aviador ![]() |
Benito Loigorri ou Benito Loygorri Pimentel, nado en Biarritz, Francia, o 4 de setembro de 1885[1] e finado en Madrid, o 1 de febreiro de 1976,[1] foi un enxeñeiro e pioneiro da aviación española. Era irmán do ilustrador José Loygorri.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 18 anos viu voar aos Irmáns Wright en Pau e Le Mans.[1] O 30 de agosto de 1910, con vinte e cinco anos, converteuse no primeiro español en conseguir o título de piloto da FAI (Federación Aeronáutica Internacional)[3] a bordo dun biplano modelo Henri Farman con motor Gnome 50CV, na escola Voisin da localidade francesa de Mourmelon-le-Grand, preto de Reims.[1][2] Tamén foi o primeiro que obtivo licenza do Real Aero Club de España.[2]
Exhibicións
[editar | editar a fonte]Por esta época, formou unha sociedade como representante da casa Farman, e vendeu os 3 primeiros aparatos que comprou o Exército do Aire.[4] Cando o exército creou o primeiro aeródromo militar, o de Cuatro Vientos, el realizou a primeira proba oficial o 13 de marzo de 1911, a bordo do seu Farman e acompañado de Emilio Herrera.[4][5]
En xuño de 1911, contratado pola Liga de Amigos de Lugo, fixo unha exhibición en Lugo, no barrio de Montirón, que acabou en desfeita pois se estrellou co aparato a poucos de comezar o voo.[6] En 1912, foi contratado para facer demostracións de voo na Feira de Llerena, provincia de Badaxoz.[7]
A finais da década de 1910, sufriu un grave accidente en Bridgeport cando, ao probar un avión, se lle rompeu o mando de profundidade e se estrellou, sufrindo graves feridas que o levaron a abandona-la práctica catro anos despois.[1]
Outros negocios
[editar | editar a fonte]Dende o accidente, centrouse na súa profesión de enxeñeiro e viaxou por varios países latinoamericanos como empregado da General Motors.[1] Traballou en Cuba nunha fábrica de azucre até mediados de 1918. Desde alí, polo 1914, pasou a México e entrou na Escola de Aviación Civil Mexicana onde colaborou coas promocións que alí se formaban.[1]
En 1921, regresou novamente a España para renovar os negocios de automóbiles pero a súa estancia foi curta. Volveu a Estados Unidos e empezou a traballar no departamento de venda e exportacións da General Motors montando, neses anos a fábrica de Montevideo. Regresou a España e dirixiu a planta de Barcelona até a súa desaparición, ocorrida na década do trinta e, de 1932 a 1949, foi director xeral (Xerente) de General Motors Peninsular S.A., que se encargou da distribución da gama de productos de GM para toda España e Portugal.[5] En 1950, xubilouse.
Durante a Guerra Civil, non participou como aviador en ningún dos dous bandos mais vendeu uns 6.000 ou 7.000 camións ao goberno de Burgos.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 David, Noel. "Benito Loygorri Pimentel" (PDF). casinodemadrid.es (en castelán). pp. 54–55. Consultado o 22 de decembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Caribou, R. (22 de outubro de 2010). "Vivir en Valladolid – Loygorri Pimentel, dos hermanos: ilustrador y piloto". felixmaocho.wordpress.com (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2024.
- ↑ Rodríguez Arias, Xerardo (15 de xullo de 2011). "Un século de aviación en Galicia". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Roldán Villén, Adolfo (2018). "Benito Loygorri y Pimentel". dbe.rah.es (en castelán). Consultado o 22 de decembro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Pérez Guerra, José (27 de decembro de 2013). "Benito Loygorry Pimentel: Conmigo empezó la aviación española". aviaciondigital.com (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2024.
- ↑ "Las fiestas del Corpus". El Progreso (en castelán) (Lugo). Ano IV (992): 1. 19 de xuño de 1911. Consultado o 2 de decembro de 2024.
- ↑ Mateos Millán, Miguel Angel (20 de setembro de 2013). "Llerena en el tintero: Programación de la Feria....de 1912". llerenaeneltintero.blogspot.com.es (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2024.
- ↑ "Loygorri Pimentel, Benito. Historial Aeronáutico". ejercitodelaire.mde.es (en castelán). 2 de abril de 2016. Archived from the original on 02 de abril de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2024.