Benito Ramallo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1901 Noia, España |
Morte | 15 de novembro de 1972 (71 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Baiona | |
xuño de 1936 – agosto de 1936 ← Manuel Godoy Agrelo – Agustín Villafines González → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Benito Ramallo Gómez, nado en Noia o 17 de febreiro de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1972, foi un mestre e político galego. Foi nomeado alcalde de Baiona en xuño de 1936, tras a dimisión de Manuel Godoy Agrelo por motivos persoais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un mestre avanzado que apostou pola ensinanza en Baiona, sendo un dos precursores das escolas nocturnas de Baiona nas que os alumnos eran numerosos. Tamén foi presidente do Consello Local de Primeira Ensinanza de Baiona e conseguiu varias subvencións para bibliotecas nos centros educativos do concello.
Foi moi activo na súa vida pública e impartiu cursos nas misión pedagóxicas para nenas en Baiona. Tamén foi moi afeccionado ao teatro a nivel afeccionado. Foi secretario do Liceo Marítimo de Baiona nos anos da II República.
Formaba parte da corporación do Concello de Baiona cando gobernaba Manuel Godoy Agrelo[1], ocupando o cargo de primeiro tenente de alcalde. Cando o alcalde dimitiu en xuño de 1936, Benito Ramallo fíxose cargo da alcaldía de forma interina. Formou goberno nese mesmo mes, e nomeou primeiro tenente de alcalde a Agustín Villafines González, albanel de Baiona e militante do Partido Sindicalista.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba Agustín Villafines á fronte da alcaldía. Foron cesados do goberno en agosto de 1936, e Benito Ramallo foi xulgado por rebelión militar. A causa foi sobresida de forma provisional, e foi separado do servizo como mestre e baixa na escala o 11 de maio de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en agosto de 1941, que foi sobresido por carecer de bens. Finou en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1972.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María del Carmen Iglesias Moreno e foi pai de José Luis e Manuel María Ramallo Iglesias.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Méixome, Carlos (2021). Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 24–33. ISBN 978-84-8487-506-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Manuel Godoy Agrelo |
Alcalde de Baiona xuño de 1936 - agosto de 1936 |
Sucesor: Agustín Villafines González |