Saltar ao contido

Benito Rodríguez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBenito Rodríguez Rodríguez
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1895 Editar o valor en Wikidata
O Rial, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de agosto de 1966 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata


Benito Rodríguez Rodríguez, nado no Rial, en Sabucedo (Porqueira) o 22 de febreiro de 1895 e finado o 12 de agosto de 1966, foi un médico e militante esquerdista galego.[1].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1921. Militou no Partido Republicano Radical. Consta que lle prestou axuda médica á partida de maquis de Casto Cabezas, activa na Baixa Limia e no Couto Mixto até a década de 1940. Carlos Casares, sobriño de Rodríguez, escribía isto a este respecto:

O Cabezas entregouse na casa de meu tío Benito, na galería, cando eu tiña oito ou nove anos. Foi un alivio, pois daquel xeito acabáronse os compromisos de sair de noite a curar feridos, xogándose ir ó cárcere se non facía a denuncia correspondente, que nunca fixo.
Carlos Casares, na columna "Á marxe"[2]

Na casa do doutor Rodríguez acabou por entregarse o guerrilleiro antifranquista Casto Cabezas.

  1. "Médicos y maquis gallego (I)", Diario de un médico de guardia, 7 de febreiro de 2010 (en castelán).
  2. La Voz de Galicia, páx. 9, 23 de marzo de 1996. Recollido tamén na compilación Á marxe, Volume 5, páx. 90 (Galaxia, 2007).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]