Benito Valencia Bouza
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1910 Farnadeiros, España |
Morte | 1 de agosto de 1936 (26 anos) Boado, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político, sindicalista |
Benito Valencia Bouza, nado en Farnadeiros (Muíños) o 10 de maio de 1910 e finado na ponte de Boado (Xinzo de Limia) o 1 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Buenos Aires en 1927, onde traballou de camareiro. Ao retorno instalouse en Güimil. Funcionario do concello de Muíños, foi secretario do Sindicato Campesino de Souto, e concelleiro pola Fronte Popular dende marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi paseado na ponte de Boado, sobre o río Limia, na saída de Xinzo cara a Verín.
O Comité pola Memória Histórica do Val do Límia fíxolle unha homenaxe o 1 de agosto de 2020.[1][2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Digna Portela Penín en 1935.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Morais, Carlos (2020). Benito Valencia Bouza, artífice do Sindicato Campesino de Souto, Val do Límia. Cadernos monográficos 3. Comité pola Memória Histórica do Val do Límia.