Benno Roth
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1903 Riesa, Alemaña (pt) |
Morte | 6 de xaneiro de 1983 (79 anos) Seckau, Austria (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | historiador da igrexa, sacerdote católico |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Benno Roth, nado en Riesa (Alemaña) o 25 de marzo de 1903 e finado en Seckau (Austria) o 6 de xaneiro de 1983, foi un padre bieito e historiador da igrexa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Benno naceu en Saxonia pero viña dunha familia de Estiria, estudando na abadía de Seckau desa rexión, onde acabou ingresando logo da súa graduación primeiro como novizo e logo como monxe e en 1929 ordenouse sacerdote e tamén tiña un doutoramento en historia. Foi profesor de alemán e historia na súa abadía desde 1934 ata 1972, con algunhas interrupcións debidas á guerra e desde 1946 foi membro da Comisión Histórica de Estiria. Publicou numerosos traballos de historia local e da igrexa, salientando Seckau. Geschichte und Kultur 1164-1964. Zur 800-Jahr-Feier der Weihe der Basilika (1964) e Seckau. Der Dom im Gebirge. Kunsttopographie vom 12. bis zum 20. Jh (1983).