Benxamín Casal
Nome orixinal | (es) Benxamín Casal Vila ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1935 ![]() Lugo, España ![]() |
Morte | 30 de agosto de 2013 ![]() Lugo, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , político , empresario ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
Benxamín Casal Vila, nado o 12 de xaneiro de 1935 en Lugo e finado o 30 de agosto de 2013 na mesma cidade, foi un intelectual, escritor, economista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado (1962) e doutorado (1967) en Enxeñería Agrónoma pola Universidade de Madrid. En 1970 acadou tamén a licenciatura en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo (1968-1972) e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo (1988). Membro do grupo Brais Pinto, foi conselleiro de Enerxía e Industria (1978-79) da Xunta preautonómica e deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985) como galeguista histórico polo PSdeG.
Foi vicepresidente e posteriormente presidente da Editorial Galaxia, así como director da Gran Enciclopedia Galega entre 2003 e o seu falecemento en 2013. Escribiu artigos na Revista Galega de Estudios Agrarios, Desarrollo Agrícola, El Progreso, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Biblioteca_B%C3%A1sica_da_Cultura_Galega%2C_22%2C_A_Galicia_Campesina%2C_Benxam%C3%ADn_Casal.jpg/175px-Biblioteca_B%C3%A1sica_da_Cultura_Galega%2C_22%2C_A_Galicia_Campesina%2C_Benxam%C3%ADn_Casal.jpg)
Obra[editar | editar a fonte]
- A incidencia en Galicia do Plan Enerxético Nacional (1978, Xunta de Galicia).
- Achegamento á Minería Galega (1979, Xunta de Galicia).
- A Terra Cha luguesa. Estudio da súa realidade agraria (1984, Seminario de Estudos Galegos).
- A Galicia campesina (1984, Biblioteca Básica da Cultura Galega)
- O campo galego (1992, Biblioteca 114, El Correo Galego).
- Tradutor de Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario, 2 vols. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria-Caixanova. 2001, 1407 páxs (ISBN 84 4532 7690) de Abel Bouhier.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia (ed.). "El congreso-homenaje a Abel Bouhier presentó su obra traducida al gallego".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha biogràfica en www.galegos.info
Capítulo 397: Gran Enciclopedia Galega de Ben falado, programa da TVG, 28/12/2012.