Saltar ao contido

Benxamín Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Benxamín Casal Vila»)
Modelo:BiografíaBenxamín Casal
Nome orixinal(es) Benxamín Casal Vila Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de agosto de 2013 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, político, empresario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX822402 BUSC: casal-vila-benxamin-1935-2013

Benxamín Casal Vila, nado o 12 de xaneiro de 1935 en Lugo e finado o 30 de agosto de 2013 na mesma cidade, foi un intelectual, escritor, economista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado (1962) e doutorado (1967) en Enxeñería Agrónoma pola Universidade de Madrid. En 1970 acadou tamén a licenciatura en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo (1968-1972) e na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos de Lugo (1988). Membro do grupo Brais Pinto, foi conselleiro de Enerxía e Industria (1978-79) da Xunta preautonómica e deputado no Parlamento de Galicia (1981-1985) como galeguista histórico polo PSdeG.

Foi vicepresidente e posteriormente presidente da Editorial Galaxia, así como director da Gran Enciclopedia Galega entre 2003 e o seu falecemento en 2013. Escribiu artigos na Revista Galega de Estudios Agrarios, Desarrollo Agrícola, El Progreso, La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.

A Galicia Campesina, BBdCG.
  • A incidencia en Galicia do Plan Enerxético Nacional (1978, Xunta de Galicia).
  • Achegamento á Minería Galega (1979, Xunta de Galicia).
  • A Terra Cha luguesa. Estudio da súa realidade agraria (1984, Seminario de Estudos Galegos).
  • A Galicia campesina (1984, Biblioteca Básica da Cultura Galega)
  • O campo galego (1992, Biblioteca 114, El Correo Galego).
  • Tradutor de Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario, 2 vols. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria-Caixanova. 2001, 1407 páxs (ISBN 84 4532 7690) de Abel Bouhier.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]