Bergelmir (lúa)
Bergelmir ou Saturno XXXVIII (a súa designación provisional era S/2004 S 15) é unha lúa de Saturno. O seu descubrimento foi anunciado por Scott S. Sheppard, David C. Jewitt, Jan Kleyna, e Brian G. Marsden o 4 de maio de 2005 a partir de observación feitas entre o 12 de decembro do 2004 e o 9 de marzo do 2005.
Bergelmir ten uns 6 mks de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia duns 19,372 millóns de kms en 1006,659 días, cunha inclinación orbital de 157° respecto da eclíptica (134° respecto do ecuador de Saturno), posúe un movemento retrogrado e unha excentricidade orbital de 0,152.
Recibiu Bergelmir coma o seu nome oficial en abril do 2007, un xigante da mitoloxía nórdica e neto de Ymir, o xigante primordial. Bergelmir e a súa muller foron os únicos superviventes do enorme diluvio de sangue que brotou das feridas de Ymir, cando este foi asasinado por Odín e os seus irmáns na noite dos tempos. Bergelmir converteríase no pai dunha nova raza de xigantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- Institute for Astronomy Saturn Satellite Data
- Jewitt's New Satellites of Saturn page
- IAUC 8523: New Satellites of Saturn 4 de maio do 2005 (descubrimento)
- MPEC 2005-J13: Twelve New Satellites of Saturn 3 de maio do 2005 (descubrimento e efemérides)
- IAUC 8826: Satellites of Jupiter and Saturn 5 de abril do 2007 (bautizando a lúa)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]