Berilo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Berilo | |
---|---|
Berilo variedade morganita | |
Fórmula química | Be3Al2(Si6O18) |
Clase | Silicatos |
Subclase | Ciclosilicatos |
Sistema cristalino | Hexagonal |
Cor | Incolora, amarela, rosa, vermella, verde e azul |
Brillo | Vítreo |
Dureza | 7,5-8 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Imperfecta, segundo as caras da base |
Raia | Branca |
Densidade | 2,63-2,80 g/cm3 |
O berilo[1][2] (do grego Βήρυλλος beryllos, aludindo á cor azul verdosa da augamariña) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Be3Al2(Si6O18) (contén un 15% de BeO, un 20% de Al2O3 e un 65% de SiO2).
Aspecto
[editar | editar a fonte]O berilo preséntase en forma de cristais hexagonais tabulares. Estes cristais hexagonais poden chegar a medir varios metros de lonxitude, mais os exemplares máis puros son os de tamaño máis reducido.
Variedades do berilo
[editar | editar a fonte]Segundo sexa a súa coloración podemos diferenciar entre:
- Augamariña, de cor azul verdosa.
- Bixbito, de cor vermella.
- Esmeralda, de cor verde.
- Goshenita, é o berilo incoloro e puro.
- Heliodoro, de cor amarela.
- Morganita, de cor rosa.
Case tódalas variedades de berilo son consideradas pedras preciosas.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]É frecuente atopar berilos nas rochas de orixe pegmatítico e en filóns hidrotermais de calcita (como as esmeraldas de Colombia).
Os xacementos máis importantes do mundo son os de Austria, Alemaña e Irlanda (en Europa) e Madagascar (en África, cos seus famosos depósitos de morganita). Podemos atopar berilo, aínda que de moita menor calidade, no Monte Pedroso (Santiago de Compostela) e en Monterrei (Ourense).
Usos do berilo
[editar | editar a fonte]O berilo utilízase para extraer berilio.
As variedades esmeralda e augamariña son as máis utilizadas como pedras preciosas.
Outros silicatos
[editar | editar a fonte]Outros silicatos importantes son o cuarzo, o feldespato, a mica e a olivina, entre outros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para berilo.
- ↑ "berilo". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.