Illa de Bering
(ru) Остров Беринга | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Vitus Bering | |||
Parte de | Illas do Comandante | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas do Comandante | |||
Localización | ||||
División administrativa | Krai de Kamchatka, Rusia | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Bering | |||
Características | ||||
Altitude | 755 m | |||
Dimensións | 24 () × 91 () km | |||
Superficie | 1.600 km² | |||
A Illa de Bering (en ruso, Ostrov Beringa), é unha illa rusa situada preto da Península de Kamchatka no Mar de Bering. Con 90 quilómetros de longo e 20 de ancho, é a máis grande as Illas Komandorski. Anteriormente era coñecida como illa Avacha.
Descrición
[editar | editar a fonte]Con 90 km de longo por 24 km de largo, é a maior e máis occidental das Illas do Comandante, cunha superficie de 1660 km².[1] A maior parte da illa de Bering e varias das illas máis pequenas na súa totalidade forman parte da reserva natural de Komandorsky Zapovednik.
Coñecida como a "xoia oculta do límite marítimo entre os Estados Unidos e Rusia", a illa de Bering non ten árbores, é inhóspita e experimenta un clima severo, incluíndo ventos fortes, néboa persistente e terremotos. Non tivo residentes humanos permanentess todo o ano ata aproximadamente 1826. Agora, a vila de Nikolskoye é o fogar de 800 persoas, aproximadamente trescentas delas identificándose como aleutianas. A escasa poboación da illa dedícase principalmente á pesca.
A 4 km da costa noroeste da illa de Bering atópase a pequena illa Illa Toporkov (Ostrov Toporkov) 55°12′9″N 165°55′59″L / 55.20250, -165.93306.[2] É unha illa redonda cun diámetro de 800 m.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1741 o comandante Vitus Bering, navegando no "Svyatoy Pyotr" (San Pedro) para a Armada rusa, naufragou e morreu de escorbuto[3][4] na illa de Bering, xunto con 28 dos seus homes. A súa nave fora destruída polas tormentas cando volvían dunha expedición na que descubriron Alasca, así como as Illas Aleutianas. Os superviventes baixo o mando do tenente nado en Suecia Sven Waxell quedaron atrapados na illa durante 10 meses e lograron sobrevivir matando focas e aves. Foron capaces de construír un barco cos restos do seu naufraxio e lograron regresar a Petropavlovsk na Península de Kamchatka en 1742 con peles de lontra de mar e carne conservada da illa recentemente descuberta.
Outro dos superviventes da expedición foi Georg Wilhelm Steller, quen finalmente logrou convencer aos seus compañeiros para comer algas (curando así o seu escorbuto). Steller explorou a illa de Bering e catalogou a súa fauna, incluíndo a Hydrodamalis gigas, que se extinguiu en tres décadas debido a ser cazada pola súa carne. O punto máis alto da illa (751 m.) recibe o seu nome na súa honra. Ao regresar ao continente ruso, Steller explorou entón a península de Kamchatka e finalmente publicou "De Bestiis Marinis" ("Sobre as bestas do mar"). Con todo, as súas simpatías polos pobos indíxenas levaron ás acusacións de que estaba fomentando a rebelión, polo que foi destituído e encarcerado en San Petersburgo, morrendo no camiño á idade de 37 anos, aínda que os seus diarios publicáronse posteriormente con gran aclamación e importancia histórica.[5]
En 1743 Emilian Basov desembarcou na illa de Bering para cazar lontras de mar, comezando a habitación humana documentada da illa así como a destrución ecolóxica. Camezou a Promyshlennikisaltando de illa en illa a través do mar de Bering ás illas Aleutianas e en última instancia Alasca. En 1825 a Compañía ruso-americana transferiu ás familias aleutianas da illa de Attu á illa de Bering para cazar, e outro grupo de aleutianos e colonos da raza mesturada seguiron o ano seguinte, establecendo así a primeira habitación humana permanente coñecida na illa de Bering.[6] Despois de que Rusia vendese Alasca e as illas Aleutianas aos Estados Unidos en 1867, a illa de Bering quedou baixo xurisdición de Petropavlovsk-Kamchatsky. A poboación creceu de 110 persoas en 1827 (17 rusos, 45 aleutianos e 48 de raza mixta) a máis de 300 persoas en 1879 (100 aleutianos da illa Copper, xunto con 332 de raza mixta e preto do 10% de rusos ou outras nacionalidades).[6] En 1990, logo de 170 anos de separación e perda de tradicións culturais, un avión cargado de aleutianos de Nikolskoye atopouse con outro avión cheo de aleutianos de Alasca na capital de Kamchatka, e sorprendéronse de que aínda podían comunicarse na vella lingua aleutiana.[6] Debido ao seu illamento, como o agora as Illas de Pribilof de Alasca, os aleutianos utilizáronse para os estudos de deriva xenética.
Esta illa tamén se coñece como a "illa flotante" pola súa localización "flotando" na liña internacional de cambio de data.
Natureza
[editar | editar a fonte]A área que rodea á Illa de Bering é agora unha reserva da biosfera, coñecida pola súa fauna diversa, e particularmente os mamíferos mariños. As costas da illa forman un hábitat natural para a lontra mariña, e a súa poboación agora parece estable, a diferenza doutras illas Aleutianas, e aínda que foran cazadas case en extinción na illa de Bering en 1854.[7] Os leóns mariños de Steller continúan pasando o verán na illa de Bering, pero os Hydrodamalis gigas, que se alimentaban das algas que rodeaban a illa, foron cazadas ata a súa extinción en 1768.
A illa de Bering tamén foi famosa polas súas colonias de focas, incluíndo focas vermellas, focas comúns e focas longas, aínda que esa poboación reduciuse a só 2 colonias cun total de 3.000 focas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bering Island – Wikimapia". wikimapia.org. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Russia, RS26, Toporkov". GEOnet Names Server, National Geospatial-Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2020. Consultado o 2008-08-04.
- ↑ "Kamchatka: Bering Island". pbs.org. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ Although according to "Bering", by Orcutt Frost [p7], Bering died of heart failure
- ↑ Lyons, Paul K. (10 de marzo de 2009). "The Diary Review: Steller on Bering Island". thediaryjunction.blogspot.com. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Kamchatka: Bering Island". pbs.org. Consultado o 18 de xaneiro de 2017.
- ↑ Sea otters
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Bering |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en ruso) Illas do Comandante Arquivado 09 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.