Saltar ao contido

Escorbuto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escorbuto
Clasificación e recursos externos
Enxivas sangrantes.
OMIM240400
DiseasesDB13930
MedlinePlus000355
eMedicinederm/521 ped/2073 radio/628
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O escorbuto[1] (do latín scorbutus) é unha doenza que ten como primeiros síntomas hemorraxias nas enxivas, tumefacción purulenta das enxivas (inchazón con pus), dores nas articulacións, feridas que non cicatrizan, alén de desestabilización dos dentes. É provocada pola carencia grave de vitamina C na dieta.

Hai máis de douscentos anos, xa se sabía que algúns alimentos eran necesarios para manternos saudábeis. Entendeuse, por exemplo, que os mariñeiros que ficaban moito tempo no mar acababan doentes. Eses homes, que consumían principalmente bolachas e carne de porco salgada, pasaban longos períodos sen inxerir follas ou froitas frescas. Por ese motivo eran atacados polo escorbuto.

Por volta de 1800, descubriuse que ese mal podería ser evitado se se engadían á súa dieta zumes de limón e repolo acedo. Moito máis tarde, verificouse que eses alimentos conteñen gran cantidade de vitamina C e que a inxestión diaria de pequenas doses desa vitamina evita o escorbuto.

O escorbuto pode ocasionar inflamacións na lingua.

A vitamina C é importante para o corpo porque ela é un cofactor da encima prolil-hidrolixase, que fai a hidroxilación do aminoácido prolina nas cadeas alfa de coláxeno. Esa hidroxilación é tan importante porque aumenta o número de conexións de hidróxeno na molécula e dá maior rixidez ó coláxeno, que é a principal proteína estrutural do corpo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escorbuto.