Saltar ao contido

Bernabé Costas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernabé Costas
Biografía
Nacemento16 de xaneiro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Participou en
2012Xogos Paralímpicos de Londres 2012 Editar o valor en Wikidata

Bernabé Costas de Miranda, nado en Vincios o 16 de xaneiro de 1980, é un ex xogador profesional galego de baloncesto en cadeira de rodas. Como membro da selección española de baloncesto en cadeira de rodas, gañou o bronce Campionato Europeo de 2011 e obtivo un quinto posto nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012. Xogou a maior parte da súa carreira no club Aldasa Amfiv de Vigo, na máxima categoría española, excepto catro tempadas que xogou no Barcelona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bernabé Costas naceu o 16 de xaneiro de 1980 en Vincios, no concello de Gondomar.. Ocupou a posición de pivote e foi un xogador de 2,5 puntos.

Xogou no Aldasa Amfiv de Vigo, na máxima categoría do baloncesto en cadeira de rodas español, durante 10 anos, antes de marchar ao UNES FC Barcelona, xunto ao seu compañeiro David Mouriz. Tras xogar alí catro tempadas, volveu a Vigo ao seu antigo equipo, no que permaneceu ata a súa retirada en 2017.[1]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Costas formou parte da selección española de baloncesto en cadeira de rodas que participou no Europeo de 2009. Foi o máximo anotador no partido contra Alemaña.[2]

Dous anos despois, conseguiu a prata no Europeo de 2011 disputado en Nazaret.

En xuño de 2012 foi seleccionado para os Xogos Paralímpicos de Londres 2012. Foi un dos dous galegos escollidos para o equipo, e un dos doce galegos da comitiva olímpica española.[3] Foi a Madrid para unha concentración de adestramento no Centro de Alto Rendemento antes de partir para Londres.[4] No terceiro día da concentración, sufriu unha contusión no escafoide por mor dunha caída sobre a súa man esquerda. O 17 de agosto saíu para Londres co resto do equipo para prepararse para os Xogos.[5]

Adestrada Por Oscar Trigo, a selección levaba 16 anos sen acudir a uns Xogos Paralímpicos.[6] Finalmente acadaron o quinto posto, aínda que Costa xogou moi poucos minutos debido á lesión.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "El Amfiv vence en el partido de recuerdo a la figura de Beiro" (en castelán). 24 de setembro de 2017. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 
  2. "España acaricia los cuartos del Europeo en Silla de Ruedas" (en castelán). 11 de outubro de 2009. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 
  3. "Mouriz y Costas estarán en Londres" (en castelán). 15 de xuño de 2012. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 
  4. "Los chicos del Amfiv más cerca de Londres" (en castelán). 11 de agosto de 2012. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 
  5. "La selección española de baloncesto en silla de ruedas está ya en Gran Bretaña" (en castelán). 18 de agosto de 2012. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 
  6. "Del parqué de Bouzas a Londres". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 2012. Consultado o 8 de febreiro de 2019. 
  7. "Bernabé Costas: 'Es como si hubiéramos ganado el bronce'" (en castelán). 11 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2013. Consultado o 8 de febreiro de 2019.