Bernardino Garrido Carrillo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xaneiro de 1903 ![]() Malpica de Bergantiños, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() Perú ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, sindicalista, empresario ![]() |
Partido político | Izquierda Republicana ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Celestino Garrido Carrillo ![]() |
Cronoloxía | |
28 de xuño de 1937 | evasión do Ciudad de Montevideo ![]() |
![]() |
Bernardino Martín Garrido Carrillo, coñecido como Xudío, nado en Malpica de Bergantiños o 12 de xaneiro de 1903 e finado no Perú, foi un político, sindicalista e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do comité local de Izquierda Republicana de Malpica. Afiliado ao Sindicato de Obreros y Profesiones Varias da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Malpica con outros 10 republicanos en xuño de 1937 na lancha de motor Ciudad de Montevideo. As autoridades requisáronlle dúas traíñas, unha motora e unha lancha. Pasou a Barcelona, e ao remate da guerra foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e declarado en rebeldía. Marchou a Chile no Winnipeg[1] e logo ao Perú.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Celestino Garrido Pose.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Valverde Elera, José A. (2015). "Los gallegos en el Perú: La migración de los malpicáns al puerto de Chimbote". Cuadernos de Estudios Gallegos LXII (128): 249–279.