Bernardo Bango Gómez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1870 (153/154 anos) Toxos Outos, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Bernardo Bango Gómez, nado en Toxos Outos (Lousame) en 1870, foi un anarquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A finais do século XIX emigrou a Buenos Aires onde comezou unha vida de bohemia e actividades delituosas ata que tomou contacto coas ideas anarquistas e comezou unha nova etapa como militante social.[1] Foi expulsado da Arxentina pola súa militancia anarquista arribando a Coruña en marzo de 1902.[2] Foi procesado na Coruña por non descubrirse diante dunha procesión. De 1905 a 1910 residiu en México traballando como profesor. Colaborou desde México no periódico anarquista cubano ¡Tierra! en 1910.[3] En 1914 residía no Brasil, en contacto co movemento anarquista internacional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Criminalogía Moderna, xaneiro e febreiro de 1900.
- ↑ La Voz de Galicia, 1-4-1902, p. 1.
- ↑ ¡Tierra!, 30-7-1910, p. 3-4.[Ligazón morta]