Bernardo Miño Abelenda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1866 ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 28 de outubro de 1936 ![]() Betanzos, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Concelleiro | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político ![]() |
![]() |
Bernardo Miño Abelenda, nado en Betanzos cara a 1866 e finado en Betanzos o 28 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dirixente agrarista de Betanzos, foi director de El Pueblo. En 1917 logo da visita de Pablo Iglesias a Betanzos, fundou a Agrupación Socialista de Betanzos, da que foi presidente en 1931. Foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de abril de 1936 e nomeado terceiro tenente-alcalde. Foi candidato do PSOE pola Coruña nas eleccións de 1933, pero non foi elixido. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado en Ponte Sampaio con Antonio Lagares Gómez, Camilo Naveira Ferreño e Manuel Fernández Pérez e Francisco Moreno (que sobreviviu á execución), o 28 de outubro de 1936.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Antonia Santamarina e foi pai de Carmen Miño Santamarina.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torres Regueiro, Xesús (2006). "1936-1939 As vítimas betanceiras da represión" (PDF). Anuario Brigantino (29): 273–318.