Bernardo Xosé
Biografía | |
---|---|
Nacemento | outubro de 1947 (77 anos) Bouzas, España |
Actividade | |
Ocupación | cantautor |
Bernardo Xosé Rodríguez Ortiz, coñecido como Bernardo Xosé, nado en Bouzas (Vigo) en outubro de 1947, é un músico e cantante galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alternou os estudos coa asistencia ao Conservatorio de Vigo onde cursou dou anos de solfexo e un de piano. Organizou un conxunto de música pop que durou moi pouco e despois montou o grupo Herva Nova, que interpretaba temas galegos. Despois converteuse en cantante solista facendo a súa presentación no Festival da nova canción galega organizado polos alumnos da Escola de Comercio de Vigo. Marchou a Madrid e interveu en programas radiofónicos e en Música 3 de TVE. Musicou poemas de Rosalía de Castro, Juan Ramón Jiménez e Gustavo Adolfo Bécquer e tamén creou temas propios.[1] Debutou como cantante no Festival de Benidorm de 1972 con letra de Pedro Rodríguez e música de Aniano Alcaide, onde obtivo o premio á mellor letra. Posteriormente integrouse no grupo A Roda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bernardo Xosé. Maestro y cantante", La Voz de Galicia, 22-11-1970, p. 23.