Saltar ao contido

Bernardo del Río Parada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBernardo del Río Parada
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1893 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1952 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, director de coro Editar o valor en Wikidata

Bernardo del Río Parada, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de febreiro de 1893 e finado en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1952, foi un compositor e director galego, especialmente vinculado á cidade de Santiago de Compostela. A súa produción abrangue principalmente música para banda e música coral, se ben é coñecido especialmente pola súa zarzuela galega A lenda de Montelongo, foi tamén un destacado investigador da música e folclore galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bernardo del Río naceu o 5 de febreiro de 1893 en Vilagarcía de Arousa e dende nano amosou interese pola música. Aos 12 anos comezou a súa formación na Academia de Música da súa vila natal, e pouco despois ingresou na Banda de Música. Supostamente a Banda Municipal de Santiago de Compostela tería ido a Vilagarcía e Francisco Martínez lle tería proposto unirse á agrupación como bombardino segundo. O que si se sabe e que en 1907 ingresou finalmente na Banda Municipal de Santiago de Compostela, aínda que non foi ata 1910 cando ingresou de xeito oficial ao ser nomeado profesor interino cubrindo a vacante de clarinete segundo, posto que tería compaxinado cos seus estudos no Conserevatorio. Na banda compostelá permaneceu ata 1911. Con[1][2][3]

Na capital galega tamén formou parte da Banda do Rexemento de Infantería de Zaragoza dende 1912, na que conseguiu a praza de bombardino con facilidade. Del Río foi ascendendo na agrupación, primeiro a músico de segunda clase e logo a músico de primeira. Neste tempo comezou na agrupación os seus estudos de harmonía e composición con Manuel López Farfán, que daquela ocupaba o posto de director, o que lle posibilita chegar a ser subdirector da banda e dos coros coas que contaba a agrupación.[3][2][1]

En Compostela comezou a introducirse no mundo das corais,[1] interese que o levou a fundar en 1921 a coral da Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos”,[a][4] así como a coral Queixumes dos pinos, o Orfeón Unión Artística Compostelana.[2]

No ano 1931 trasladouse á cidade da Coruña ao Rexemento de Infantaría Zamora nº 8. A súa estadía na cidade herculina foi moi breve, xa que menos dun mes despois da súa chegada, en agosto, solicitou a licenza, que lle foi concedida. Volveu entón a Compostela, onde reorganizou o orfeón da Unión Artística Compostelana e regresou á Banda Municipal en 1932 logo de opositar á praza de bombardino.[3]

En xaneiro de 1933 puido ter accedido ao posto de subdirector da banda compostelá, mais un mes despois tería renunciado temporalmente para converterse en director durante un breve período da Banda de Ordes, sucedendo así a Higinio Cambeses Carreras.[5][3] Tres anos máis tarde, en 1936, converteuse en director da Banda Municipal de Santiago de Compostela, posto que ocupou ata 1944.[6] O seu labor como director levouno tamén á fronte da Banda de Música Municipal da Estrada.[7]

En 1952 pasou a dirixir a Banda de Vilagarcía de Arousa, mais á súa morte ese mesmo ano foi relevado polo seu sobriño Bernardo García del Río.[8]

En 1977, con motivo do aniversario do seu pasamento, a cidade de Santiago de Compostela homenaxeou a súa figura cun acto no Pazo de Raxoi organizado por Manuel Suárez Moscoso.[3]

A obra de Bernardo del Río está moi influenciada pola música tradicional galega, a cal investigou realizando viaxes por distintas aledeas e lugares do país nos que pervivían tradicións musicais antigas.[1]

As súas composicións inclúen pezas para banda de música e conxuntos corais. Entre todas as súas composicións salienta a zarzuela galega con texto de Manuel Rey Posse e Xoan Buhigas Olavarrieta A lenda de Montelongo, unha das poucas obras do xénero que xurdiron e triunfaron en Galicia.[1]

  1. Coñecida como "Masa Coral Gallega y Coral Rosalía de Castro" despois da guerra civil.[2]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Viana, Víctor (7 de abril de 2013). "Del Río y "A lenda de Montelongo"". Faro de Vigo  (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Bernaldo del Río Parada" (en castelán). Real Academia da Historia. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 García Balado, Ramón (13 de xaneiro de 2023). "“A lenda de Montelongo”, zarzuela de Bernardo del Río Parada, por la Banda Municipal". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  4. "Cantigas e Agarimos. Fundada en 1921". Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos”. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  5. "Banda de Música de Ordes (1931-1934)". Asociación Cultural "Amigos da Música" de Ordes. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  6. "La Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela (1848-2015)". Estudios bandísticos (en castelán): 206. 2017. ISSN 2530-8041. 
  7. "A banda". Banda de Música Municipal da Estrada. Consultado o 2 de xaneiro de 2025. 
  8. "Banda de Música de Vilagarcía - 1865" (en castelán). arousatv.com. Consultado o 2 de xaneiro de 2025.