Bersant Celina
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1996 (28 anos) Prizren | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 62 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2016 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Noruega Kosovo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro e centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 59 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Bersant Eduar Celina, nado o 9 de setembro de 1996, é un futbolista noruegués-kosovar que xoga como centrocampista para o FC Twente, cedido polo Manchester City.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Celina medrou na cidade norueguesa de Drammen, onde residiu dende que tiña dous anos.[1] Xogou nas seccións infantís do Strømsgodset IF. En 2012 ofrecéronlle unha bolsa para perfeccionarse na Manchester City Reserves and Academy en Inglaterra, e alí pasou os dous anos seguintes.
Manchester City
[editar | editar a fonte]O 1 de xullo de 2014, Celina firmou un contrato profesional por tres anos e medio co Manchester City.[2] Ao pouco lesionouse e pasou por cirurxía, mentres estivo en rehabilitación permaneceu co equipo xuvenil.
A finais de decembro de 2014, o adestrador Manuel Pellegrini convocouno para o primeiro equipo por mor do ateigado programa de Nadal do club, con catro partidos nunha semana.[3] Seleccionado para o partido da FA Cupp contra o Sheffield Wednesday o 4 de xaneiro de 2015, non chegou a saír ao campo, e o partido acabou cunha vitoria do City 2–1.[4]
O 19 de xaneiro de 2015 marchou co primeiro equipo e algúns alumnos da academia do club para un campamento de adestramento en Abu Dhabi e Celina fixo a súa primeira aparición no primeiro equipo do City nun amigagle contra o Hamburger SV.[5]
Así e todo o seu primeiro partido oficial co primeiro equipo foi o 9 de xaneiro de 2016 na FA Cup contra oNorwich City Football Club, saíndo ao terreo de xogo no minturo 85 minutos nunha vitoria 3–0 .[6]
Na Premier League a súa primeira participación foi como substituto nunha derrota 3-1 contra o Leicester City o 6 de febreiro, logrando unha asistencia paraSergio Agüero no único gol do Manchester City.[7].
FC Twente
[editar | editar a fonte]O 25 de agosto de 2016, Celina uniuse ao equipo da Eredivisie FC Twente cedido por un ano. Debutou o 10 de setembro, como substituto no minuto 67 e logrou o seu primeiro gol para o seu novo equipo .[8]
Carreira internacional
[editar | editar a fonte]Noruega
[editar | editar a fonte]Nos seus primeiros anos no nivel internacional, Celina xogou catro veces coa selección de Noruega sub-15 e tres na sub-16. Bård Flovik chamouno para xogar no equipo sub-17 na Eurocopa sub-17, xogou no segundo partido contra Islandia substituíndo no minuto 77 a Joachim Eriksen nun partido que rematou nunha vitoria 2–0 .[9] Xogou tamén na selección sub-21 contra Inglaterra, o 7 de setembro de 2015 como reserva, saínda no minuto 87.
Kosovo
[editar | editar a fonte]Apenas a FIFA permitiu á selección nacional de Kosovo xogar partidos amigables con outros membros da FIFA, en marzo de 2014, convocaron a Celina para o encontro contra Haití.[10] Non chegou a saír ao campo e o partido rematou nun empate sen goles. Volveu ao equipo nacional no encontro contra Omán do 7 de setembro de 2014.[11] Xogou 83 minutos antes de sustituílo Enis Bunjaki, finalmente o partido acabou cunha primeira vitoria histórica para Kosovo, cun 1–0 .[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stortalentet vraket Norge: - Ble ikke satset på Aftenposten
- ↑ Bersant Celina nënshkruan kontratë profesionale me Manchester City Arquivado 02 de xullo de 2017 en Wayback Machine. Borozani.com
- ↑ Bersant Celina, në ekipin e parë të Manchester Cityt Arquivado 27 de decembro de 2014 en Wayback Machine. Telegrafi
- ↑ Manchester City vs. Sheffield Wednesday 2 - 1 soccerway.com
- ↑ Bersant Celina debuton me Cityn - Sporti Bota Sot
- ↑ "Man City: Bersant Celina's family toast his debut in style". Manchester Evening News. 10 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Report: Manchester City 1-3 Leicester City". Mancunion. 6 de febreiro de 2016.
- ↑ "SC Heerenveen wint met 3-1 van FC Twente". Omrop Fryslân. 10 de setembro de 2016.
- ↑ Norway U17 vs.Iceland U17 2 - 0 soccerway.com
- ↑ Kosova shpall listën anti-Haiti Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. - albeu.com
- ↑ Kosova, Bunjaki shpall listën anti-Oman Arquivado 29 de outubro de 2019 en Wayback Machine. albeu.com
- ↑ Kosovo national team v Oman, 7 September 2014 EU-football.info