Saltar ao contido

Bertha Guijarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBertha Guijarro
Biografía
Nacemento(es) Bertha M. Guijarro Berdiñas Editar o valor en Wikidata
1969 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora, profesora Editar o valor en Wikidata

Bertha M. Guijarro Berdiñas, nada na Coruña en 1969, é unha investigadora galega e doutora en Informática no eido da intelixencia artificial, a aprendizaxe computacional e os sistemas baseados no coñecemento. Os seus estudos aplicáronse en medicina para realizar diagnoses antenatais, diagnoses de motores e en predición e xestión de incendios forestais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutorada en 1999 pola Universidade da Coruña, Guijarro está vinculada dende 1994 á investigación e a docencia no Departamento de Computación (UDC), onde é profesora titular.[1] Na comunidade científica, ten recoñecidos máis de dous sexenios de investigación académica dentro da área das ciencias da Computación e a intelixencia artificial, enfocando os seus estudos principalmente á aprendizaxe computacional e o desenvolvemento de algoritmos de Big Data Learning.[2][3]

En 2012, foi nomeada coordinadora científica do CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) e dende 2014 ocupa o cargo de vicecoordinadora.[4][5] O CITIC salienta pola vertente social dos seus proxectos tanto en cuestións de integración como na mellora da atención sanitaria ou a loita contra a fenda dixital.[6]

Guijarro é membro activo do Grupo de Investigación LIDA (Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial) e colaboradora da Subdirección Xeral da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) para a subárea científica de Sistemas Intelixentes.