Saltar ao contido

Betacoronavirus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Betacoronavirus

Partículas de MERS-CoV vistan con microscopía electrónica de tinguidura negaiva. Os virións conteñen as características proxeccións con forma de maza que asoman desde a membrana viral.

Ilustración dun virión de SARS-CoV-2
Ilustración dun virión de SARS-CoV-2

Clasificación científica
Grupo: Riboviria
Filo: incertae sedis
Orde: Nidovirales
Familia: Coronaviridae
Subfamilia: Orthocoronavirinae
Xénero: Betacoronavirus
Subxénros e especies[1][2]

Os Betacoronavirus (β-CoVs ou Beta-CoVs) son un dos catro xéneros de coronavirus da subfamilia Orthocoronavirinae, familia Coronaviridae, orde Nidovirales. Son virus de ARN monoctenario de sentido positivo con envoltura de orixe zoonótico. Os xéneros de coronavirus están compostos de varias liñaxes virais e o xénero dos betacoronavirus contén catro liñaxes. Na literatura vella este xénero era coñecido como coronavirus do grupo 2.

Os Beta-CoVs de maior importancia clínica para os humanos son o SARS-CoV (causante da SARS) e o SARS-CoV-2 (causante da COVID-19) da liñaxe B, o MERS-CoV (causante da MERS) da liñaxe C, e o OC43 e o HKU1 da liñaxe A.[3] O MERS-CoV é o primeiro betacoronavirus pertencente á liñaxe C que se sabe que infecta humanos.[4][5]

Os xéneros Alphacoronavirus e Betacoronavirus descenden dunha poza xénica de virus dos morcegos.[6][7][8]

Viroloxía

[editar | editar a fonte]

Os Alphacoronavirus e Betacoronavirus infectan principalmente morcegos, pero tamén infectan outras especies como os humanos, camelos e coellos.[6][7][8][9] Os Beta-CoVs que causaron epidemias en humanos inducen xeralmente febre e síntomas respiratorios. Inclúen:

Ver Coronavirus relacionado coa síndrome respiratoria aguda grave para detalles desta especie que se poden aplicar de forma xeral a outros virus deste xénero.

Secuencia xenética

[editar | editar a fonte]

Os coronavirus teñen un xenoma de gran tamaño que mide de 26 a 32 quilobases. A estrutura global do xenoma dun β-CoV é similar á dos outros CoVs, cun ORF1ab para unha poliproteína replicase (rep, pp1ab) que precede outros elementos. Esta gran poliproteína é cortada en moitas proteínas non estruturais (ver a anotación de UniProt da SARS rep, P0C6X7).

En maio de 2013, GenBank tiña 46 xenomas completos publicados dos CoVs α- (grupo 1), β- (grupo 2), γ- (grupo 3) e δ- (grupo 4).[10]

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Diagrama da estrutura dun virión de coronavirus mostrando as espículas que forman a "coroa" (corona en latín), similar á coroa solar que lle dá o seu nome.
Ilustración do virión SARSr-CoV.

Dentro do xénero Betacoronavirus (CoVs do grupo 2) recoñécense comunmente catro liñaxes (a, b, c e d).[11]

  • Liñaxe A (subxénero Embecovirus) inclúe o HCoV-OC43 e o HCoV-HKU1 (varias especies).
  • Liñaxe B (subxénero Sarbecovirus) inclúe o coronavirus relacionado coa SARS (SARSr-CoV), que á súa vez comprende vrias cepas como SARS-CoV, SARS-CoV-2 e Bat SL-CoV-WIV1.
  • Liñaxe C (subxénero Merbecovirus) inclúe o Tylonycteris bat coronavirus HKU4 (BtCoV-HKU4 ou coronavirus do morcego Tylonycteris HKU4)), o Pipistrellus bat coronavirus HKU5 (BtCoV-HKU5 ou coronavirus do morcego Pipistrellus HKU5) e o MERS-CoV (varias especies).
  • Liñaxe D (subxénero Nobecovirus) inclúe o Rousettus bat coronavirus HKU9 (BtCoV-HKU9 ou coronavirus do morcego Rousettus HKU9).[12]

As catro liñaxes foron tamén denominadas con letras gregas ou con números.[10] Un novo subxénero de introdución recente é Hibecovirus, que inclúe o Bat Hp-betacoronavirus Zhejiang2013 (Hp-betacoronavirus de morcego Zheijiang2013).[1][13]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Os virus da liñaxe A difiren dos outros do xénero en que teñen unha proteína da espícula máis curta adicional chamada hemaglutinina esterase (HE) (P15776). Crese que foi adquirida do virus da gripe C.[11]

O nome coronavirus deriva do latín corona, que significa 'coroa' ou 'halo', referíndose á súa imaxe vista con microscopio electrónico de espículas que forman unha especie de coroa na súa superficie similar á coroa solar. Esta morfoloxía créana os peplómeros da espícula viral (S), que son proteínas que poboan a superficie do virus e determinan o tropismo do hóspede. A orde Nidovirales denomínase polo latín nidus, que significa 'niño'. Refírese á produción nesta orde dun conxunto aniñado 3′-coterminal de ARNm subxenómicos durante a infección.[2]

Resolvéronse varias estruturas das proteínas da espícula. O dominio de unión ao receptor da proteína da espícula dos Alphacoronavirus e Betacoronavirus é catalogada como InterProIPR018548.[14] A proteína da espícula, unha a máquina de fusión de tipo 1, ensámblase nun trímero (PDB 3jcl); a súa estrutura central lembra a das proteínas de fusión (F) dos paramixovirus.[15] O uso do receptor non está moi conservado; por exemplo, entre os Sarbecovirus, só unha sub-liñaxe que contén o virus da SARS comparte o receptor ACE2.

  1. 1,0 1,1 "Virus Taxonomy: 2018 Release". International Committee on Taxonomy of Viruses (ICTV) (en inglés). October 2018. Consultado o 13 January 2019. 
  2. 2,0 2,1 Woo, Patrick C. Y.; Huang, Yi; Lau, Susanna K. P.; Yuen, Kwok-Yung (2010-08-24). "Coronavirus Genomics and Bioinformatics Analysis". Viruses 2 (8): 1804–20. PMC 3185738. PMID 21994708. doi:10.3390/v2081803. Figure 2. Phylogenetic analysis of RNA-dependent RNA polymerases (Pol) kharghar is the best of coronaviruses with complete genome sequences available. The tree was constructed by the neighbor-joining method and rooted using Breda virus polyprotein. 
  3. "Phylogeny of SARS-like betacoronaviruses". nextstrain. Consultado o 18 January 2020. 
  4. ProMED. MERS-CoV–Eastern Mediterranean (06) (http://www.promedmail.org/)
  5. Memish, Z. A.; Zumla, A. I.; Al-Hakeem, R. F.; Al-Rabeeah, A. A.; Stephens, G. M. (2013). "Family Cluster of Middle East Respiratory Syndrome Coronavirus Infections". New England Journal of Medicine 368 (26): 2487–94. PMID 23718156. doi:10.1056/NEJMoa1303729. 
  6. 6,0 6,1 Woo, P. C.; Wang, M.; Lau, S. K.; Xu, H.; Poon, R. W.; Guo, R.; Wong, B. H.; Gao, K.; Tsoi, H. W.; Huang, Y.; Li, K. S.; Lam, C. S.; Chan, K. H.; Zheng, B. J.; Yuen, K. Y. (2007). "Comparative analysis of twelve genomes of three novel group 2c and group 2d coronaviruses reveals unique group and subgroup features". Journal of Virology 81 (4): 1574–85. PMC 1797546. PMID 17121802. doi:10.1128/JVI.02182-06. 
  7. 7,0 7,1 Lau, S. K.; Woo, P. C.; Yip, C. C.; Fan, R. Y.; Huang, Y.; Wang, M.; Guo, R.; Lam, C. S.; Tsang, A. K.; Lai, K. K.; Chan, K. H.; Che, X. Y.; Zheng, B. J.; Yuen, K. Y. (2012). "Isolation and characterization of a novel Betacoronavirus subgroup A coronavirus, rabbit coronavirus HKU14, from domestic rabbits". Journal of Virology 86 (10): 5481–96. PMC 3347282. PMID 22398294. doi:10.1128/JVI.06927-11. 
  8. 8,0 8,1 Lau, S. K.; Poon, R. W.; Wong, B. H.; Wang, M.; Huang, Y.; Xu, H.; Guo, R.; Li, K. S.; Gao, K.; Chan, K. H.; Zheng, B. J.; Woo, P. C.; Yuen, K. Y. (2010). "Coexistence of different genotypes in the same bat and serological characterization of Rousettus bat coronavirus HKU9 belonging to a novel Betacoronavirus subgroup". Journal of Virology 84 (21): 11385–94. PMC 2953156. PMID 20702646. doi:10.1128/JVI.01121-10. 
  9. Zhang, Wei; Zheng, Xiao-Shuang; Agwanda, Bernard; Ommeh, Sheila; Zhao, Kai; Lichoti, Jacqueline; Wang, Ning; Chen, Jing; Li, Bei; Yang, Xing-Lou; Mani, Shailendra; Ngeiywa, Kisa-Juma; Zhu, Yan; Hu, Ben; Onyuok, Samson Omondi; Yan, Bing; Anderson, Danielle E.; Wang, Lin-Fa; Zhou, Peng; Shi, Zheng-Li (24 October 2019). "Serological evidence of MERS-CoV and HKU8-related CoV co-infection in Kenyan camels". Emerging Microbes & Infections 8 (1): 1528–1534. PMC 6818114. PMID 31645223. doi:10.1080/22221751.2019.1679610. 
  10. 10,0 10,1 Cotten, Matthew; Lam, Tommy T.; Watson, Simon J.; Palser, Anne L.; Petrova, Velislava; Grant, Paul; Pybus, Oliver G.; Rambaut, Andrew; Guan, Yi; Pillay, Deenan; Kellam, Paul; Nastouli, Eleni (2013-05-19). "Full-Genome Deep Sequencing and Phylogenetic Analysis of Novel Human Betacoronavirus". Emerging Infectious Diseases 19 (5): 736–42B. PMC 3647518. PMID 23693015. doi:10.3201/eid1905.130057. 
  11. 11,0 11,1 Woo, Huang & Lau 2010. En todos os membros dos Betacoronavirus do subgrupo A, un xene de hemaglutinina esterase (HE), que codifica unha glicoproteína con actividade de neuraminato O-acetil-esterase e o sitio activo FGDS, está presente augas abaixo do ORF1ab e augas arriba do xene S (Figura 1). 
  12. "ECDC Rapid Risk Assessment - Severe respiratory disease associated with a novel coronavirus" (PDF). 19 Feb 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de maio de 2013. Consultado o 22 Apr 2014. 
  13. Wong, Antonio C.P.; Li, Xin; Lau, Susanna K.P.; Woo, Patrick C.Y. (2019). "Global Epidemiology of Bat Coronaviruses". Viruses 11 (2): 174. PMC 6409556. PMID 30791586. doi:10.3390/v11020174. 
  14. Huang, C; Qi, J; Lu, G; Wang, Q; Yuan, Y; Wu, Y; Zhang, Y; Yan, J; Gao, GF (1 November 2016). "Putative Receptor Binding Domain of Bat-Derived Coronavirus HKU9 Spike Protein: Evolution of Betacoronavirus Receptor Binding Motifs.". Biochemistry 55 (43): 5977–88. PMID 27696819. doi:10.1021/acs.biochem.6b00790. 
  15. Walls, Alexandra C.; Tortorici, M. Alejandra; Bosch, Berend-Jan; Frenz, Brandon; Rottier, Peter J. M.; DiMaio, Frank; Rey, Félix A.; Veesler, David (8 February 2016). "Cryo-electron microscopy structure of a coronavirus spike glycoprotein trimer". Nature 531 (7592): 114–117. Bibcode:2016Natur.531..114W. PMC 5018210. PMID 26855426. doi:10.1038/nature16988. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]