Betty Van Patter
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1932 ![]() Estados Unidos de América ![]() |
Morte | decembro de 1974 ![]() California, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | homicidio, traumatismo físico ![]() |
Actividade | |
Ocupación | política ![]() |
Betty Van Patter (1932-1974) foi contadora do Partido Pantera Negra durante o liderado de Elaine Brown, ademais de axudante desta.
Entrou no partido introducida David Horowitz. Tras un ano no cargo prodúcese un conflito entre ela e Brown relacionado con irregularidades financeiras. Tras esta liorta, o 13 de decembro de 1974, Betty desaparece e semanas máis tarde o seu corpo é atopado con fortes sinais de violencia nunha praia de San Francisco. A pesar de que as autoridades declararon o caso como irresolto, o militante David Horowitz mantivo dende entón que a responsábel da morte de Betty era Elaine Brown e que perseguía silenciar o apropiamento indebido de parte dos fondos da organización. Elaine Brown declarou nas súa memorias de 1992 (A Taste of Power) que Van Patter tiña un pasado criminal e fora detida por tráfico de drogas. Ante as protestas da familia da finada e á imposibilidade de demostrar tales afirmacións, as mesmas foron eliminadas en posteriores edicións do libro.