Beunans Meriasek
Aparencia
Beunans Meriasek (Bywnans Meryasek en córnico moderno -Kernewek Kemmyn-) ou Ordinale de Sancti Mereadoci Episcopi et Confessoris en latín), Vida de Meriadeg, é unha obra teatral medieval en córnico, que se acabou de escribir en 1504. O autor foi Dominus Rad(ulphus) Ton, ou Dominus Hadton, polo que se pode ler no texto.
Está redactado en córnico agás algunhas frases en latín, inglés e francés.
O texto estivo perdido pero foi redescuberto en 1869 en Peniarth, en Meirionydd (Gales) por W. W. E. Wynne.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Doble, G. H. (1960) The Saints of Cornwall; part 1: Saints of the Land's End district. Truro: Dean & Chapter; pp. 111–45.
- Koch, John T. Celtic Culture. ISBN 1-85109-440-7; p. 205.