Saltar ao contido

Biblia de Delft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblia de Delft
Páxina do prólogo da Biblia de Delft (1477).
Orixe Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
LinguaNeerlandés
EditorialJacob Jacobszoon van der Meer
Mauricius Yemantszoon van Middelborch
Data de pub.10 de xaneiro de 1474
Páxinas1.300
editar datos en Wikidata ]

A Biblia de Delft (1477) foi a primeira tradución relevante da Biblia que se imprimiu en lingua neerlandesa, chamada así por ser publicada na localidade de Delft, na Holanda Meridional.[1] Non incluía nin o Novo Testamento nin os Salmos, que se imprimiron máis tarde en edicións separadas.

Os dous volumes en que se divide, que conteñen case 1.300 páxinas, constitúen a primeira publicación de Jacob Jacobszoon van der Meer e Mauricius Yemantszoon van Middelburg. O texto é unha adaptación anónima dunha tradución desde o latín, tamén anónima, que se realizara manuscrita en 1368.[2]

  1. Exclúense algunhas edicións menores de carácter parcial impresas previamente con fins unicamente instrutivos.
  2. "Delft Bible Arquivado 19 de outubro de 2017 en Wayback Machine.". National Library of the Netherlands. (En inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]