Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre
A Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre é unha biblioteca pública que foi inaugurada en xaneiro de 2005 en Ortigueira. Ten a súa sede nas antigas escolas, e débelle o seu nome a Juan Fernández Latorre, empresario e político galego.
No seu interior ten sala de lectura para adultos, sala infantil, hemeroteca, sala de autores locais e o Arquivo Histórico Municipal. Dispón de préstamo de libros, revistas, CD e libros electrónicos, así como wifi e outros servizos.[1]
Desenvolve diversas actividades de promoción da lectura.
A distribución do inmoble, no 2024, incluía, na súa planta primeira, as salas xuvenil e de adultos e a sala multimedia. Na planta baixa, a oficina, hemeroteca, sección local, sala infantil, reprografía, arquivo histórico, sala de reunións, dirección e concellería de Educación. En ambas plantas dispoñía de aseos e cobertura wifi.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Placa conmemorativa da inauguración da biblioteca pública de Ortigueira
-
Fachada principal da biblioteca pública de Ortigueira
-
Biblioteca pública de Ortigueira. Vista parcial da sala principal do primeiro piso.
-
Vista parcial do primeiro piso da Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre.
-
Salón de lectura de prensa. Vista parcial.
-
Mesa de lectura e vista parcial de salón de prensa.
-
As instalacións, no 2009
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biblioteca Municipal". Biblioteca municipal. Consultado o 20 de xaneiro de 2024.