Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() | As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés é unha institución bibliotecaria existente dende o ano 1995, localizada na rúa co mesmo nome no ensanche da cidade da Coruña. Leva o nome do escritor, poeta, docente e xornalista galego Miguel González Garcés. As súas instalacións divídense en tres plantas, ocupando unha superficie total de 6.216 m2, dos cales 5.869 m2 son útiles.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/90/Biblioteca_P%C3%BAblica_da_Coru%C3%B1a_Miguel_Gonz%C3%A1lez_Garc%C3%A9s.jpg/220px-Biblioteca_P%C3%BAblica_da_Coru%C3%B1a_Miguel_Gonz%C3%A1lez_Garc%C3%A9s.jpg)
Forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia.[1]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/SALA_DE_CONSULTA.jpg/220px-SALA_DE_CONSULTA.jpg)
Historia
[editar | editar a fonte]Os datos mais antigos remóntanse ó ano 1895. Atopábase no IES Eusebio da Guarda, despois formou parte da Casa da Cultura da Coruña, creada en outubro do 1956. Anos despois, en 1989, a Xunta de Galiza e o Ministerio de Cultura asinaron un convenio polo cal se transferiu a administración dos fondos á Xunta aínda que o Estado posúe a titularidade.
O 23 de setembro de 1994 modificouse o anterior convenio, no relacionado á localización da biblioteca e trasladouse ao edificio actual, inaugurado no ano 1995. Neste momento pasou a chamarse Biblioteca Nodal da Coruña Miguel González Garcés, na honra do docente en humanidades e poeta que foi director da institución ata os anos oitenta do século XX, despois de corenta anos de servizo ó centro.
Coleccións
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/Sala_de_pr%C3%A9stamo.jpg/220px-Sala_de_pr%C3%A9stamo.jpg)
A biblioteca alberga mais de 250.000 títulos, os mais antigos datan do século XVI, pois posúen fondos froito da Desamortización. Dáselle especial importancia ó Fondo de Depósito Legal, pois posúe as publicacións impresas na provincia da Coruña dende 1958 ata hoxe, a maiores desta gran colección, a biblioteca tamén alberga fondos persoais de personaxes relevantes na cultura galega, tales como Mariano Tudela, Isidro Conde, Francisco María da Igrexa ou o nomeado Miguel González Garcés entre outros. A sala infantil-xuvenil conta cunha completa colección bibliográfica e multimedia axeitada para bebés e nenas e nenos de máis de tres anos ata mozas e mozos de noventa anos.
Servizos e actividades
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Comicteca.jpg/220px-Comicteca.jpg)
- Consulta de documentos
- Préstamo de documentos
- Biblioteca accesible
- Internet: Liña de WI-FI de libre acceso.
- Servizo de Préstamo de portátiles ou lectores de libros electrónicos
- Servizo de reprodución de documentos
- Servizo e acceso a Internet e á Ofimática: facilítanse equipos informáticos con conexión a Internet aos usuarios.
- Cesión de espazos: para a organización de eventos culturais, coloquios, exposicións, realización de traballos en grupo, etc.
- Servizo de préstamo e consulta de libros electrónicos: GaliciaLe
- Servizo de información e referencia, dispoñible a tódolos usuarios que teñan algún tipo de dúbida ou necesiten calquera tipo de información sobre a biblioteca e seus fondos.
- Actividades culturais. Formación de usuarios
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/26/Fonoteca_da_Biblioteca_P%C3%BAblica_da_Coru%C3%B1a_Miguel_Gonz%C3%A1lez_Garc%C3%A9s.jpg/220px-Fonoteca_da_Biblioteca_P%C3%BAblica_da_Coru%C3%B1a_Miguel_Gonz%C3%A1lez_Garc%C3%A9s.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/Sala_infantil-xuvenil_da_Biblioteca_P%C3%BAblica_da_Coru%C3%B1a.jpg/220px-Sala_infantil-xuvenil_da_Biblioteca_P%C3%BAblica_da_Coru%C3%B1a.jpg)