IES Eusebio da Guarda
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
IES Eusebio da Guarda | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | instituto de educación secundaria ![]() | |||
Epónimo | Eusebio da Guarda ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O IES Eusebio da Guarda é un instituto de ensino secundario da cidade da Coruña.[1] A súa construción iniciouse en 1886 e rematouse en 1889 promovida polo filántropo Eusebio da Guarda González. Tanto na súa orixe como na actualidade o instituto era mixto.
Historia
En 1845 creáronse os institutos de Santiago, Ourense e Pontevedra. Destes, o que estaba máis preto da cidade era o de Santiago. O plano de ensino proxectaba un instituto en cada capital de provincia, coñecidos e asociados na actualidade como institutos históricos. A construción do instituto aprobouse finalmente en 1862. Entón a cidade era a máis poboada de Galiza con 27 000 habitantes. En Santiago estudaban 300 alumnos no instituto e a previsión para o da Coruña era duns 50.[2]
A primeira sede do instituto da Coruña foi o pazo dos marqueses de Camarasa na rúa Ferrerías.[3] Na cidade había estudos de Náutica, Comercio, Belas Artes e Bacharelato. En 1881, Eusebio da Guarda ofreceu un millón de pesetas ao concello para a construción dun novo instituto no lugar ocupado polo antigo baluarte de Caramanchón, contiguo ao barrio da Pescaría. O Estado debera ceder os terreos. O edificio foi deseñado polo arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay.[4]
Centro de ensino
No curso 1889-1890, previo ao comezo da actividade académica no novo edificio, obtiveron o título de bacharelato un total de 26 alumnos, todos rapaces. Daquela o ensino a rapazas non estaba segregado do dos rapaces, mais era unha rareza: a primeira alumna que cursou estudos de bacharelato no antigo instituto da Coruña foi no ano 1875.
En 1941 construíuse na cidade o Instituto Masculino, pasando o Eusebio da Guarda a ser exclusivamente feminino, até que no ano 1986 volveu ser mixto.[5]
Alumnos e profesores ilustres do IES Eusebio da Guarda
Edificio
O edificio é de planta rectangular arredor de dous patios centrais separados por unha grande escaleira, feita de mármore de Carrara.[3] Ten unha fachada dividida en tres corpos, os dous laterais encalados en branco. O central é de pedra vista e estilo neorrenacentista que lle proporciona solemnidade.[4]
No interior destaca o salón de actos, con pinturas de León Bianchi e Román Navarro.[3] Na sala do profesorado hai un mural de Felipe Criado.[6] As táboas de madeira do chan están cortadas enteiras dunha mesma árbore.
Notas
- ↑ Cláudia Morán (15 de xuño de 2016). "Eusebio da Guarda, una cantera con 125 años de historia". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Miguel Rodríguez (14 de novembro de 2012). "El embrión de la enseñanza Secundaria". La Opinión de A Coruña (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Soraluce Blond, José Ramón. La construcción del instituto Eusebio da Guarda en el Ensanche de A Coruña (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 30-31.
- ↑ Ana Lorenzo (8 de febreiro de 2015). "El Eusebio da Guarda busca las huellas de su pasado". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Visitas ao mural de Felipe Criado
Véxase tamén
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
- Martí Tejedor, A.; Duato Prieto, C. e Berenguer Comas, P. (2011): Instituto Eusebio da Guarda.
- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.