Bicicleta estática
Aparencia
Unha bicicleta estática é un aparello de ximnasio que simula o movemento dunha bicicleta.
Tipos
[editar | editar a fonte]Hai varios tipos:
- As convencionais.
- As reclinadas.
- As de spinning.
- A bicicleta elíptica.
Utilízase un freo que emprega o rozamento mecánico ou magnético para opoñerse á forza exercida sobre a bicicleta. Ademais ten unha roda cunha masa considerable que fai as funcións dun volante de inercia, e que serve para suavizar o pedaleo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bicicleta estática |