Bicicleta pregábel
Aparencia
Unha bicicleta pregábel é un tipo de bicicleta que incorpora gonzos no cadro, os cales permiten dobrala ou pregala.
Características
[editar | editar a fonte]Polo xeral este tipo de bicicletas teñen rodas de 20 polgadas de diámetro. As bicicletas pregábeis pódense subir ao transporte público e pódense gardar en habitáculos de espazo reducido onde unha bicicleta convencional non cabería. Estas características facilitan o método de transporte mixto (bicicleta e transporte público). Así mesmo, o encartado tamén facilita o transporte da bicicleta nos vehículos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bicicleta pregábel |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia da bici pregábel Arquivado 02 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)