Bieito XIV Garnier, antipapa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Bernard Garnier c. 1370 Reino de Francia |
Morte | c. 1430 (59/60 anos) |
Antipapa Martiño V | |
1424 – 1429 ← Bieito XIII | |
Datos persoais | |
Residencia | Rodez Aviñón |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico |
Bernard Garnier, nado cara a 1370 e finado cara a 1450, foi un clérigo francés, proclamado como Papa da Igrexa católica como sucesor do antipapa Bieito XIII. Actuou como papa en segredo aproximadamente desde 1425, aínda que a súa elección para o cargo resultou extremadamente absurda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco antes de morrer o antipapa Bieito XIII designou no castelo de Peñíscola a catro cardeais entre os seus clérigos leais de maior confianza, encargándolles a elección do seu sucesor. Trala súa morte, tres deles constituíronse en conclave e designaron como sucesor do Papa Luna a un clérigo español co título de Clemente VIII, derradeiro pontífice sucesor da antiga sé papal de Avignon.
Non obstante, un deses catro cardeais seguidores de Bieito XIII era o arquidecano de Rodez, un clérigo francés chamado Jean Carrier, que se opuxo totalmente á elección dos seus colegas, e para rexeitala autoproclamouse como equivalente ao colexio cardenalicio, convocou un conclave formado só por el mesmo, e deste xeito en 1425 elixiu grotescamente a Bernard Garnier como pontífice, sendo este un clérigo en funcións que traballara con el anteriormente na diocese de Rodez e que tamén fora un decidido partidario de Bieito XIII.
A designación non foi comunicada a Clemente VIII nin aos seus seguidores, e Jean Carrier mantívoa en segredo, ocultándoa ao propio Bernard Garnier, que executaba as súas funcións clericais no sur de Francia como sancristán. Non obstante, unha carta do Conde de Armagnac a Xoana de Arco revelou que "o arquidecano de Rodez" (o propio Jean Carrier) coñecía o paradoiro de Bieito XIV e "que o aceptaba como papa", pois en xaneiro de 1427 o propio Jean Carrier revelara esta designación secreta ao conde Jean IV de Armagnac, o seu protector. Ao saír á luz o escándalo, Bernard Garnier, que por entón estaba ao servizo dos Condes de Foix, negou toda relación vixente con Carrier e rexeitou intentar sequera revivir o cisma dentro da Igrexa católica. Absolto de toda culpa, Garnier continuou a súa carreira eclesiástica durante varios anos máis, aínda que se conservan rexistros segundo os cales continuamente sufriu molestias e ataques como resultado de ser nomeado antipapa por un cardeal cismático.
Literatura
[editar | editar a fonte]Dous novelistas franceses, Jean Raspail e Gerard Bavoux, escribiron obras de ficción seguindo esta liña sucesoria, chegando ao punto de imaxinar un actual Bieito XL.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |