Billón (aliaxe)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
O billón (do francés billon, tronco de árbore —e diñeiro en argot—; do latín medieval billia tronco da árbore)[1] é unha aliaxe de prata e cobre.[2]
Tipos e usos
[editar | editar a fonte]A aliaxe utilizouse principalmente para facer moedas e medallas en épocas con escaseza de metais nobres e de desvalorización monetaria.O uso máis extenso do billón foi na antiga Grecia e na Idade Media. Por exemplo, durante os séculos VI e V a. C. algunhas cidades da illa de Lesbos utilizaban moedas feitas dun 60 % de cobre e un 40 % de prata, mais no medievo o contido de prata baixaba a entre un 25 % ou un 20 %. En períodos de inflación, como no século III na Roma ou durante as revoltas de 1620 no imperio dos Habsburgo, as moedas de prata, a causa da redución constante e gradual do contido de prata, acaban sendo moedas de billón.
Xeralmente en numismática utilizouse o termo billón para referirse directamente ao anaco de metal empregado para cuñar a moeda independentemente da súa composición. Distínguese entre billón rico se o metal que predomina é a prata, e billón pobre se predomina o cobre.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ bille2 no TLF.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para billón.