Bill Aston
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1900 ![]() Hopton, Reino Unido (en) ![]() ![]() |
Morte | 4 de marzo de 1974 ![]() Lingfield, Reino Unido (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, piloto de automobilismo, piloto de probas, piloto de motociclismo, piloto de Fórmula Un ![]() |
Empregador | Aston Butterworth ![]() |
Deporte | Motociclismo ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
William "Bill" Aston (nado o 29 de marzo de 1900, en Hopton, Staffordshire, finado o 4 de marzo de 1974, en Lingfield, Surrey) foi un piloto británico de carreiras que participou en tres Grandes Premios do Campionato do Mundo, en 1952, cando o campionato disputouse baixo as normas da Fórmula 2, co seu propio equipo Aston Butterworth.
Antes de tomar parte nas carreiras dos Grandes Premios do Campionato do Mundo, Aston foi piloto de probas e piloto de motocicletas. Pasouse á competición das catro rodas cun Cooper-JAP na Fórmula 3 e máis adiante debutou na Fórmula Dúas. Estivo preto de gañar unha carreira en Chimay en 1951, pilotando un Cooper de 1.100 c.c., pero o seu coche fallou na última volta.[1] Nese mesmo ano estableceu unha marca mundial de velocidade de 500cc en Montlhéry nun Cooper aerodinámico, equipado cun motor bicilíndrico en V J.A.P..[2]
En 1952 uniuse á Archie Butterworth para construír o Aston Butterworth, un coche que correu bastante ben, pero desafortunadamente non era moi fiable. Participou co coche no Gran Premio de Alemaña de 1952, pero fallou na segunda volta. No Gran Premio de Italia de 1952 non puido cualificar. Aston correu con 60 anos, cun Mini e un Jaguar antes de retirarse.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1952 | W S Aston | Aston NB 41 | Butterworth 4 en liña | SUI | 500 | BEL | FRA | GBR NTS |
ALE Ret |
NED | ITA NSC |
NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bill Aston ![]() |