Bill Pearson (escritor neozelandés)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1922 Greymouth, Nova Zelandia (pt) |
Morte | 27 de setembro de 2002 (80 anos) Auckland, Nova Zelandia |
Educación | University College de Londres Universidade de Canterbury (pt) Greymouth High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e crítica literaria |
Ocupación | novelista, profesor universitario, crítico literario, escritor |
Empregador | Universidade de Auckland |
Obra | |
Doutorando | Ruth Harley (en) |
William Harrison "Bill" Pearson, nado en Greymouth o 18 de xaneiro de 1922 e finado en Auckland o 27 de setembro de 2002, foi un escritor, ensaísta e crítico literario neozelandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Lingua e literatura inglesa na Universidade de Canterbury, e formouse como profesor. Ensinou na escola de primaria de Blackball en 1942, experiencia que lle valeu para escribir a novela Coal Flat (1963). Logo de facer un mestrado, en 1949 foi a Londres. Doutorouse na Universidade de Londres, e en 1952 regresou ao seu país. Deu clases no departamento de inglés da Universidade de Auckland desde 1959 até a súa xubilación en 1986. Nesa etapa mantivo unha estreita relación coa comunidade universitaria do pobo maorí. Os seus ensaios e artigos sobre a literatura e sociedade de Nova Zelandia foron publicados en 1974 no volume Fretful Sleepers and Other Essays.
Dado que a homosexualidade foi ilegal no seu país até 1986, mantivo oculta a súa orientación sexual durante boa parte da súa vida.[1]
En 2010 o académico Paul Millar[2] publicou unha biografía revisada[3], co título de No Fretful Sleeper: A Life of Bill Pearson.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- Coal Flat (1963; texto completo na NZETC)
- Fretful Sleepers and Other Essays (1974; texto completo na NZETC
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2019.
- ↑ Jones, Lawrence (20 de marzo de 2010). "Biography reveals Pearson's extensive contribution". Otago Daily Times (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2011.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2010. Consultado o 2010-04-05.