Billu
Billu | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | बिल्लू |
Director | Priyadarshan |
Produtor | Shah Rukh Khan Gauri Khan |
Guión | Mushtaq Shiekh |
Baseado en | Kadha Parayumbol de M. Mohanan |
Intérpretes | Irrfan Khan Lara Dutta Shah Rukh Khan |
Música | Pritam |
Fotografía | V. Manikandan |
Montaxe | Arun Kumar |
Estudio | Red Chillies Entertainment |
Distribuidora | Eros International |
Estrea | 13 de febreiro de 2009 |
Duración | 186 minutos |
Orixe | India |
Xénero | Comedia e drama |
Orzamento | 260 millóns de ₹ |
Recadación | 475 millóns de ₹ |
Na rede | |
http://billubarber.erosentertainment.com/ | |
Billu (en hindi: बिल्लू), tamén coñecido como Billu Barber, é un filme indio de 2009 rodado en lingua hindi e dirixido por Priyadarshan. Foi producido por Red Chillies Entertainment e distribuído por Eros International. É unha adaptación oficial do filme malaiala Kadha Parayumbol, adptado e traducido por Mushtaq Shiekh e Manisha Korde, e está protagonizado por Irrfan Khan e Lara Dutta, xunto con Om Puri, Asrani e Rajpal Yadav nos papeis secundarios. Shah Rukh Khan fai aparicións como convidado especial. Kareena Kapoor, Priyanka Chopra e Deepika Padukone[1] fan cameos nas cancións. O filme estreouse nos cinemas das India o 13 de febreiro de 2009.
O filme tamén é unha adaptación da historia de Sudama e Krishna.[2] Proxectouse no Festival Internacional de Cinema de Hawai.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Irrfan Khan como Bilas Rao Pardesi / Billu
- Lara Dutta como Bindiya Pardesi
- Shah Rukh Khan como Sahir Khan
- Om Puri como Sahukaar Daamchand
- Asrani como Naubat Chacha
- Rajpal Yadav como Zallan Kumar / Budbudiya
- Manoj Joshi como Damodar Dubey
- Jagadeesh como 'Modern' Madan
- Rasika Joshi como directora Gahalot
- Mitali Mayekar como Gunja
- Pratik Dalvi como Ronak / Duggu
Aparicións especiais
[editar | editar a fonte]- Kareena Kapoor en "Marjaani" como a heroína de Sahir Khan
- Priyanka Chopra en "Khudaya Khair" como a heroína de Sahir Khan
- Deepika Padukone en "Love Mera Hit Hit" como a heroína de Sahir Khan
Controversia
[editar | editar a fonte]O filme foi orixinalmente titulado Billu Barber, mais as asociacións de peiteado e salóns de beleza de Bandra suscitaron obxeccións ao considerar despectivo o uso da palabra "barbeiro".[4] Como xefe da produtora do filme, Shah Rukh Khan finalmente eliminou a palabra do título e das promocións,[5] renomeando o filme a Billu. Tamén convidou aos membros da Asociación de Perruqueiros de Bombai á estrea do filme para calmar as súas protestas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Shah Rukh Khan speaks about Billoo". Bollywood Hungama. 26 de abril de 2008. Consultado o 29 de abril de 2008.
- ↑ "BILLU BARBER to rekindle the Krishna-Sudama friendship". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 10 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Watch Billu Barber Teaser Trailer | TVGuide.com". video.tvguide.com. Arquivado dende o orixinal o 2014-08-12.
- ↑ "Barbers up in arms over SRK's Billu Barber". 8 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de febreiro de 2009.
- ↑ "Coming soon: Billu, not Barber". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de febreiro de 2009.
- ↑ "SRK to invite barbers, hairstylists for Billu premiere". 11 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de febreiro de 2009.