Saltar ao contido

Billy the Kid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBilly the Kid

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Patrick Henry McCarthy
(en) William Henry Bonney Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Patrick Henry McCarthy Editar o valor en Wikidata
23 de novembro de 1859 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xullo de 1881 Editar o valor en Wikidata (21 anos)
Fort Sumner, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOld Fort Sumner Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesWilliam H. Bonney Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpistoleiro, asasino en serie, Shériff, ranch hand (en) Traducir, gambler (en) Traducir, Cowboy, bandoleiro Editar o valor en Wikidata
Participou en
18 de febreiro de 1878Guerra do Condado de Lincoln (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado porasasinato (1881)
→ (execución extraxudicial) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1089619 WikiTree: McCarty-931 Find a Grave: 94 Editar o valor en Wikidata

Henry McCarty, nado posiblemente en Nova York o 23 de novembro de 1859 e finado en Fort Sumner, Novo México o 14 de xullo de 1881 foi un pistoleiro estadounidense coñecido como William H. Bonney e máis popularmente como Billy the Kid ("Billy o neno"), que participou na guerra do condado de Lincoln. É coñecido por matar oito homes.[1][2]

Antes de comezar a empregar o pseudónimo "William Bonney", o primeiro arresto de McCarty foi por roubar comida a finais de 1875 e cinco meses despois foi detido por roubar roupa e armas. Dous días despois escapou da prisión e marchou dende o territorio de Novo México ao de Arizona, converténdose entón en foraxido e fuxitivo federal. Tras asasinar un ferreiro nun altercado en agosto de 1877, Bonney pasou a ser un home buscado en Arizona e volveu a Novo México, onde se uniu a un grupo de ladróns de gando. Fíxose célebre na rexión cando se uniu aos Regulators e tomou parte na guerra do condado de Lincoln. En abril de 1878, os Regulators mataron tres homes, incluíndo o shériff do condado William J. Brady e un dos seus axudantes. Bonney e dous outros Regulators foron acusados da morte dos tres homes.

A fama de Bonney aumentou en decembro de 1880 cando o Las Vegas Gazette en Las Vegas, Novo México, e The Sun en Nova York publicaron historias dos seus crimes.[3] O shériff Pat Garrett capturou a Bonney ese mesmo mes. En abril de 1881, Bonney foi xulgado e condenado polo asasinato de Brady, e foi sentenciado á forca en maio dese ano. Fuxiu do cárcere o 28 de abril de 1881, matando dous axudantes do shériff e permaneceu escapado durante máis de dous meses. Garret disparou e matou a Bonney en Fort Sumner o 14 de xullo de 1881. Durante as seguintes décadas, houbo lendas que dicían que Bonney sobrevivira a aquela noite e varios homes afirmaron ser el.[4]

  1. Rasch 1995, pp. 23–35.
  2. Wallis 2007, pp. 244–245.
  3. Utley 1989, pp. 145–146.
  4. "The Old Man Who Claimed to Be Billy the Kid". Atlas Obscura (en inglés). 30 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2017. Consultado o 19 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]