Bilurico manchado
Bilurico manchado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bilurico pintado en Bangladesh
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
O bilurico manchado[2], tamén coñecido como bilurico pintado[3] ou bilurico bastardo[4] (Tringa glareola) é un pequeno limícola da familia dos escolopácidos. Esta especie eurasiática é a menor de todos os biluricos do xénero Tringa. O nome do xénero Tringa é o nome neoatino dado por Aldrovandus en 1599 ao bilurico alinegro, baseándose na palabra grega trungas usada para describir unha ave por Aristóteles. O nome específico glareola vén do latín glarea, 'grava'.[5]
Descrición e sistemática
[editar | editar a fonte]Parécese un bilurico alinegro (T. ochropus) máis delicado e de patas máis longas ou a un Tringa solitaria cun bico curto e fino, dorso marrón e patas amareladas máis longas. Diferénciase da primeira desas especies por ter unha mancha na rabadilla branca máis pequena e menos contrastada, mentres que o T. solitaria non ten dita mancha branca en absoluto.[6]
Porén, non está moi estreitamente emparentado con estas dúas especies, senón que o seu parente máis próximo é o bilurico común (T. totanus), e ambos forman un taxon irmán xunto co bilurico fino (T. stagnatilis). Estas tres especies constitúen un grupo de biluricos máis ben pequenos con patas vermellas ou amareladas, unha plumaxe reprodutora que ten xeralmente un ton marrón claro pola parte superior con algunhas manchas máis escuras e cun padrón algo difuso de pequenos puntos amarronados no peito e pescozo.[6][7]
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]O bilurico manchado reprodúcese nas zonas húmidas subárticas desde as Terra Altas escocesas e cara ao leste a través de Europa e Asia. Migran a África, sur de Asia, especialmente á India e Australia. En Galicia é unha ave de paso escasa.[3] Observáronse aves errantes que chegaron polo Pacífico ata as illas Hawai. En Micronesia é un visitante regular das illas Marianas (onde se informou de bandadas de ata 32 exemplares) e as Palau; foi rexistrado en Kwajalein nas illas Marshall pero só unha vez por década. Esta especie encóntrase na rexión do Pacífico oeste entre a metade de outubro e a metade de maio.[6][8][9][10] Unha lixeira expansión cara ao oeste causou o establecemento dunha pequena pero permanente poboación reprodutora en Escocia desde a década de 1950.
Esta ave encóntrase normalmente en zonas con abundante auga doce durante a súa migración e invernación. Aliméntanse sondando co bico en augas pouco profundas ou no barro húmido e comen principalmente insectos e presas pequenas similares. T. glareola nidifica no chan ou usa un niño abandonado nunha árbore feito por outra árbore, como o Turdus pilaris.[6] Poñen catro ovos verdes claros entre marzo e maio.
Os biluricos manchados adultos mudan todas as súas plumas primarias entre agosto e decembro, mentres que as aves inmaturas mudan unha cantidade variable de plumas primarias entre decembro e abril, moi preto da súa partida para a África. Os inmaturos son tamén moito máis flexibles que os adultos no momento e o grao da súa muda e repostaxe. Os adultos e os inmaturos que acumulan cargas de reservas (graxas) do 50% da súa masa corporal delgada poderían cruzar distancias de 2 397 a 4 490 km nun voo sen parar.[11]
O bilurico manchado é unha especie á que se lle aplica o Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africa-eurasiáticas (AEWA).
Está moi estendido e é considerado unha especie en situación "pouco preocupante" segundo a IUCN.[12]
Galería
[editar | editar a fonte]-
En Mangaon, Maharashtra, India
-
En plumaxe non reprodutora
-
Ovo da especie na colección do Museo de Wiesbaden
-
Na India
-
No lago Perumbakkam, Chennai
-
Tringa glareola
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tringa glareola". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 174, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Hayman, Peter; Marchant, John; Prater, Tony (1986). Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-395-60237-8.
- ↑ Pereira, S.L.; Baker, A.J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2.
- ↑ Wiles, Gary J.; Worthington, David J.; Beck, Robert E. Jr.; Pratt, H. Douglas; Aguon, Celestino F.; Pyle, Robert L. (2000). "Noteworthy Bird Records for Micronesia, with a Summary of Raptor Sightings in the Mariana Islands, 1988–1999" (PDF). Micronesica 32 (2): 257–284. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de abril de 2013. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ VanderWerf, Eric A. (2006). "Observations on the birds of Kwajalein Atoll, including six new species records for the Marshall Islands" (PDF). Micronesica 38 (2): 221–237. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xuño de 2011. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ VanderWerf, Eric A.; Wiles, Gary J.; Marshall, Ann P.; Knecht, Melia (2006). "Observations of migrants and other birds in Palau, April–May 2005, including the first Micronesian record of a Richard's Pipit" (PDF). Micronesica 39 (1): 11–29. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de xuño de 2011. Consultado o 12 de agosto de 2019.
- ↑ Remisiewicz, M.; Tree, A. J.; Underhill, L. G.; Burman, M. S. (2017). "Age-specific variation in relationship between moult and pre-migratory fuelling in Wood Sandpipers Tringa glareola in southern Africa". Ibis 159 (1): 91–102. doi:10.1111/ibi.12436.
- ↑ "Species factsheet: Tringa glareola". www.birdlife.org. BirdLife International. 2008. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 12 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bilurico manchado |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bilurico manchado |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto sobre a especie en The Atlas of Southern African Birds
- Oriental Bird Images: Wood Sandpiper Fotos seleccionadas
- Ageing and sexing (PDF; 1.8 MB) by Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Bilurico manchado na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Bilurico manchado en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Tringa glareola en IUCN Red List maps
- Tringa-glareola - Gravacións de sons de Wood sandpiper en Xeno-canto.
- Tringa glareola en Flickr: Field Guide Birds of the World