Bintou Keita
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) Guinea |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Guinea |
Educación | Universidade Pantheon-Assas (pt) Université Paris-Dauphine (pt) Faculté des lettres de Sorbonne Université (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial |
Bintou Keita, nada en 1958, é unha funcionaria das Nacións Unidas guineana experta en paz, seguridade, desenvolvemento e dereitos humanos en situacións de conflito e postconflicto. Tamén traballou na incorporación das mulleres nas misións internacionais de mantemento da paz.[1] O 14 de xaneiro de 2021 foi nomeada Representante Especial do Secretario Xeral da ONU na República Democrática do Congo e xefa da Misión das Nacións Unidas na República Democrática do Congo (MONUSCO) que asumiu en febreiro de 2021 substituíndo a Leila Zerrougui.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai é militar e creceu, explica nunha entrevista, escoitando historias sobre como o compromiso militar entre varios países pode ser unha cuestión positiva ou pode implicar dificultades.
Estudou Administración de negocios, dereito, xestión en economía social na Universidade París II (1979-1983), ten unha mestría neste tema e un posgrao en administración e xestión de empresas da Universidade de París IX, (1983-1984).[2] Incorporouse ás Nacións Unidas en 1989 onde traballou en varias axencias: UNICEF e PNUD.
Durante máis de 18 anos asumiu varias funcións directivas e de alta dirección no Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) no Chad, Congo, Madagascar, Cabo Verde, Ruanda, Burundi e os Estados Unidos de 1989 a 2007. Posteriormente, de 2007 a 2010, foi Representante Executiva Adxunta do Secretario Xeral da Oficina Integrada das Nacións Unidas en Burundi. Tamén traballou co Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) e a Axencia Canadense de Desenvolvemento Internacional en Guinea.
De 2014 a 2015 xestionou a Crise do Ébola en Serra Leoa, e foi xefa de Gabinete e directora de Operacións da Misión das Nacións Unidas para a Resposta de Emerxencia ao Ébola. En 2015, incorporouse como Representante Especial Adxunta Conxunta na Operación Híbrida da Unión Africana e as Nacións Unidas en Darfur (UNAMID).
O 18 de setembro de 2017 foi nomeada asistenta do Secretario Xeral Antonio Guterres para Misións de Paz e en xaneiro de 2019 subsecretaria Xeral da ONU para África en misións de paz.[3]
O 14 de xaneiro de 2021 foi nomeada Representante Especial do Secretario Xeral da ONU na República Democrática do Congo e Xefa da Misión das Nacións Unidas na República Democrática do Congo (MONUSCO), substituíndo a Leila Zerrougui tras o final do seu mandato en febreiro.[4] A MONUSCO conta cuns 15.000 cascos azuis cun orzamento anual de máis dun milleiro de dólares e sendo a misión con maior número de efectivos e orzamento das misións de Nacións Unidas.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bintou Keita, U.N. Assistant Secretary-General for Africa, Discusses the Benefits and Challenges of Bringing More Women into Peacekeeping". Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Assistant Secretary-General for Africa" (en inglés). 2018-07-07. Consultado o 2021-01-14.
- ↑ "Secretaria de misiones de paz de la ONU sigue en Haití". Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Ms. Bintou Keita of Guinea - Special Representative of the Secretary-General in the Democratic Republic of the Congo and Head of the UN Organization Stabilization Mission in the Democratic Republic of the Congo (MONUSCO)" (en inglés). 2021-01-14. Consultado o 2021-01-15.
- ↑ "Bintou Keita, nouvelle émissaire de l'ONU en RDC | DW | 14.01.2021" (en francés). Consultado o 2021-01-15.