Bioetanol Galicia
Bioetanol Galicia | |
---|---|
Tipo | Sociedade anónima |
Fundación | 2002 |
Matriz | Vertex Bioenergy, S.L |
Industria | Química |
Produtos | Bioetanol |
Número de empregados | 80 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bioetanol Galicia é unha empresa galega do sector enerxético situada en Curtis fundada en 2002 por Abengoa que a vendeu en 2017. A súa produción emprégase como aditivo nas gasolinas sen chumbo.
Factoría
[editar | editar a fonte]A fábrica está situada no Polígono industrial Curtis-Teixeiro nunha superficie de 150.000 metros cadrados que ocupaba a antiga factoría siderúrxica Sidegasa. Investíronse 108,6 millóns de euros na súa construción.
O centro ten unha capacidade de produción de 196 millóns de litros anuais de bioetanol, 130.000 toneladas de gran soluble deshidratado para pensos, e 204 megavatios anuais de produción eléctrica. Anualmente consome 340.000 toneladas de cereais e uns 50 millóns de litros de alcohol vínico e outros.
En 2017 Abengoa vendeu o seu negocio de bioetanol a Trilantic Europe por 111 millóns de euros.[1]
Condena
[editar | editar a fonte]En 2012 a empresa foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cunha sanción de 30.001 euros por unha denuncia do Consello da Xunta en 2010 por empregar a etiqueta eco nun dos seus produtos para fabricar penso[2].