Black Knight (foguete)
Black Knight foi un foguete suborbital de probas británico usado entre 1959 e 1965.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Black Knight foi creado para probar oxivas de reentrada atmosférica para o mísil de alcance medio Blue Streak. Posteriormente foi usado para probas patrocinadas polos Estados Unidos relacionadas coa identificación de firmas de radar.[1][2]
O proxecto arranco en 1955, con Sanders Roe seleccionada para construír un foguete capaz de elevar 115 kg de carga útil a 800 km de altura e permitir reentradas a velocidades de 5 km/s. O mísil Blue Streak sería cancelado en abril de 1960, pero o Black Knight seguiu sendo usado para estudar a firma de radar das estelas de plasma deixadas polas oxivas durante a súa reentrada, importante para o desenvolvemento de sistemas de alerta temperá contra mísiles. Para estas probas os Black Knight usaban unha segunda etapa Cuckoo-1B ou Cuckoo-2 para acelerar as oxivas cara a Terra unha vez chegadas ao apoxeo e simular unha reentrada balística real. Estas series de probas foron denominadas Gaslight e Dazzle.[1][2]
Os motores Gamma que propulsaban os Black Knight, alimentados por queroseno e peróxido de hidróxeno, foron usados para o lanzador orbital Black Arrow, que funcionou entre 1969 e 1971.[1][2]
Lanzáronse 22 Black Knight, todos desde o Centro de Lanzamento de Woomera, en Australia, con tres fallos.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Black Knight |