Black Mirror: Bandersnatch
Black Mirror: Bandersnatch | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Black Mirror: Bandersnatch |
Director | David Slade |
Produtor | Russell McLean |
Guión | Charlie Brooker |
Intérpretes | |
Estudio | Netflix |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 28 de decembro de 2018 |
Duración | Variable; 90 minutos no argumento por defecto[1] |
Orixe | Reino Unido |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80988062 | |
Black Mirror: Bandersnatch é un filme interactivo de 2018 dirixido por David Slade. Trátase dun suspense psicolóxico da serie antolóxica Black Mirror. Escribiuno o creador da serie Charlie Brooker, e Netflix estreouno internacionalmente o 28 de decembro de 2018.
Características
[editar | editar a fonte]En Bandersnatch, os espectadores poden tomar decisións polo personaxe principal, o mozo programador de videoxogos Stefan Butler (Fionn Whitehead) que está a adaptar unha novela de fantasía do estilo "escolle a túa propia aventura". Outros personaxes inclúen a Mohan Thakur (Asim Chaudhry) e Colin Ritman (Will Poulter), ámbolos dous traballando na compañía de videoxogos, o pai de Butler, Peter (Craig Parkinson) e a terapeuta de Butler, a doutora Haynes (Alice Lowe). O filme baséase no videoxogo homónimo de Imagine Software que non puido estrearse por mor da bancarrota da compañía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Roettgers, Janko (28 de decembro de 2018). Variety, ed. "Netflix Takes Interactive Storytelling to the Next Level With 'Black Mirror: Bandersnatch'". Consultado o 28 de decembro de 2018.