Saltar ao contido

Blanca Chancoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBlanca Chancoso

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Blanca Chancoso Sánchez Editar o valor en Wikidata
1955 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Cotacachi (Ecuador) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista política, mestra, líder amerindia Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPachakutik Editar o valor en Wikidata
Membro de

María Blanca Chancoso Sánchez, nada en Cotacachi, 1955, é unha dirixente indíxena ecuatoriana de nacionalidade kichwa-otavalo. Formou parte da fundación da Confederación dos Pobos de Nacionalidade Kichua de Ecuador (Ecuarunari) e da Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (Conaie). Á súa vez escribiu sobre o Sumak kawsay ou bo vivir, salientando o seu artigo “Sumak Kawsay desde la visión de la mujer”.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Blanca Chancosa naceu en Cotacachi, unha cidade da provincia ecuatoriana de Imbabura, no seo dunha familia que proviña do campo. Fixo os seus estudos secundarios nun colexio rural, onde obtivo o seu bacharelato en ciencias da educación. Como educadora dedicouse a organizar ás comunidades da súa rexión.[2]

Obtivo influencia dentro das comunidades indíxenas en 1974, cando organizou a Federación de Indíxenas e Campesiños de Imbabura. En 1980 estivo á fronte das actividades nun momento onde os indíxenas reivindicaban o estabelecemento da educación bilingüe e o recoñecemento da plurinacionalidade.[1]

Xa dende 1972 formara parte da fundación da Confederación dos Pobos de Nacionalidade Kichua de Ecuador (Ecuarunari) onde foi parte do seu Consello Político. En 1986, estivo na Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador (CONAIE) á que se integrou a ECUARUNARI. Dende o 15 de maio de 2016 é a vicepresidenta da ECUARUNARI.[3]

  • Chancoso, Blanca (2014). "El Sumak Kawsay desde la visión de mujer". Sumak Kawsay Yuyay : antología del pensamiento indigenista ecuatoriano sobre Sumak Kawsay (1ª ed.). [Huelva]: Centro de Investigación en Migraciones, Universidad de Huelva. pp. 221–228. ISBN 978-84-616-8167-9.  Publicado orixinalmente en 2010 en América Latina en Movimiento. Alternativas Civilizatorias: los viejos nuevos sentidos de humanidad, 453: 6-9
  1. 1,0 1,1 "María Blanca Chancosa Sánchez indígena kichwa". Consultado o 7 de abril de 2018. 
  2. Consultores Marnic, S.C. (ed.). "CONAPRED". consultoresmarnic.com (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2018. 
  3. "Carlos Pérez Guartambel, reelecto presidente de Ecuarunari". La RepúblicaEC (en castelán). 15 de maio de 2016. Consultado o 7 de abril de 2018.