Saltar ao contido

Renovación Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bloque Nacional»)
Renovación Española
Logo
AcrónimoRE
Tipopartido político
Ideoloxíamonarquismo e Democracia cristiá
Data de fundación1933
Data de disolución1937
Organización subsidiariasen etiquetar
SedeCalle del Marqués del Riscal, Madrid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Renovación Española foi un partido político español monárquico afonsino e conservador presente durante a Segunda República Española. Fúndase en Madrid o 1 de marzo de 1933.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O partido estivo liderado ao primeiro por Antonio Goicoechea ata que en 1934 José Calvo Sotelo se fixo cargo da súa dirección e converteuno no referente da dereita máis extrema. O 8 de decembro de 1934, Calvo Sotelo xunto con Pedro Sáinz Rodríguez, que foi elixido vicepresidente,[2] constituíron o Bloque Nacional, no que incorporarían personalidades de Renovación Española xunto cos carlistas e outros monárquicos de dereita. O asasinato do seu líder o 13 de xullo de 1936, foi un dos detonantes do pronunciamento militar que deu comezo á guerra civil española.

Foi un partido de cadros, cuns 5.000 militantes. Nas eleccións de 1933 obtivo 38 deputados e nas eleccións de 1936, 22 escanos.

O partido en Galicia

[editar | editar a fonte]

Renovación Española tiña unha forte implantación na provincia de Ourense, onde era o principal partido da dereita grazas á rede clientelar que establecera o seu líder, o galego José Calvo Sotelo. Nas eleccións de 1933 acadou tres escanos nesa provincia en coalición coa Unión Regional de Derechas, na provincia da Coruña logrou dous escanos e un nas de Lugo e Pontevedra. Renovación Española non era un partido de masas nin nunca realizou campañas de afiliación, na provincia de Ourense non pasaba dos cen militantes e seguramente non tería máis de 500 en toda Galicia. Nas eleccións de 1936 o partido, que se presentou como Bloque Nacional, volveu vencer en Ourense ao lograr 3 escanos, aínda que con serias sospeitas de fraude, en Pontevedra logrou tamén escano (Víctor Lis Quibén). Renovación Española foi un dos partidos que máis cadros forneceu ás institucións e organizacións do Estado franquista.

  1. Mata (2012), p.142
  2. Redondo (1993), p. 292

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mata, Santiago (Marzo 2012). "De la colaboración a la redención por el fuego. El obispo Leopoldo Eijo Garay ante la Segunda República y la Guerra Civil". Aportes (80): 131–162. ISSN 0213-5868. 
  • Redondo, Gonzalo (1993). Historia de la Iglesia en España, 1931-1939. Tomo II (La Segunda República, 1931-1936). Madrid: Rialp. ISBN 84-321-2984-4.