Bloque de apartamentos
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2b/Jahodov%C3%A1_od_Pra%C5%BEsk%C3%A9.jpg/350px-Jahodov%C3%A1_od_Pra%C5%BEsk%C3%A9.jpg)
Un bloque de apartamentos ou bloque de pisos[1] é un edificio alto construído cunha finalidade residencial, aínda que neles tamén se poden atopar oficinas, almacéns ou locais comerciais nos baixos.
Os bloques de apartamentos teñen vantaxes económicas e técnicas nas áreas cunha densidade de poboación alta. En contraste coas vivendas unifamiliares e os edificios baixos, os bloques de pisos acollen máis habitantes nunha área reducida de terra e reduce o custo das infraestruturas municipais.
A construción de edificios altos xeralizouse en todo o mundo trala invención do ascensor e co emprego de materiais de construción baratos e abundantes como o formigón armado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Rodríguez, Alberte; Martínez García, Santiago A., eds. (2004). "Capítulo 1: Urbanismo". Diccionario visual da construción (PDF). Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Cidade. Rueiro de casas - 1.15. ISBN 84-85665-63-5. Consultado o 29-01-2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bloque de apartamentos ![]() |