Boana platanera
Boana platanera | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Boana platanera é unha especie de ra arborícola da familia dos hílidos. O seu hábitat atópase en Venezuela, Colombia, Panamá e Trinidad e Tobago. Boana platanera foi descrita en 2021, xa que os individuos da especie eran anteriormente clasificados como Boana crepitans ou Boana xerophylla.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]En Colombia e Venezuela, Boana platanera é, xunto con Boana pugnax, coñecida co nome popular en castelán rana platanera. O nome específico platanera foi tomado prestado deste nome coloquial. Isto refírese aos plátanos nos que se adoitan ver estas ras durante o día.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Boana platanera é unha especie irmá de Boana xerophylla, da cal foi separada en 2021. Ámbalas dúas especies están presentes en Venezuela, mais Boana platanera vive ao norte do río Orinoco Boana xerophylla ao sur. Esta clasificación é bastante recente, xa que Boana xerophylla resucitou en 2017 e Boana platanera foi descrita en 2021.[3] Durante décadas anteriores á resurrección, ambas as especies foron amplamente clasificadas como Boana crepitans, unha especie agora recoñecida como endémica do Brasil.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Durante o día, cando a Boana platanera adoita estar inactiva, a ra ten unha cor crema pálida. Porén, durante a noite, a coloración é máis variable, que vai do amarelo ao bronce e marrón claro. A coloración nocturna tamén presenta marcas pardas máis ou menos ben definidas, que poden ser irregulares ou en forma de X. Boana platanera é sexualmente dimórfica, sendo as femias máis grandes ca os machos. A lonxitude media das femias é de 63,1 mm, en comparanza cos 54,3 mm dos machos. Os sons de chamada de Boana platanera son complexos e están compostos por preto de cinco notas. A duración da chamada é de 200−451 milisegundos.[3]
-
Coloración polo día
-
Coloración pola noite
Distribución
[editar | editar a fonte]A área de distribución de Boana platanera abrangue partes de Venezuela, Colombia, Panamá e Trinidad e Tobago. Está amplamente distribuído en Venezuela, pero só ao norte do río Orinoco, que o separa xeograficamente de Boana xerophylla. Unha especie simpátrica ás veces confundida con Boana platanera é Boana pugnax.[3]
Ademais da súa ampla distribución xeográfica, Boana platanera tamén se atopa nunha ampla gama de altitudes.[3][4] Rexistrouse dende o nivel do mar ata altitudes de 2450 metros.[4] Boana platanera tamén pode vivir en moitos hábitats diferentes, incluíndo ambientes antrópicos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IUCN SSC Amphibian Specialist Group. (2023). "Boana platanera". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ Frost, Darrel R. (2022). "Boana platanera Escalona Sulbarán, La Marca, Castellanos, Fouquet, Crawford, Rojas-Runjaic, Giaretta, Señaris, and Castroviejo-Fisher, 2021". Amphibian Species of the World: An Online Reference. Version 6.1. American Museum of Natural History. doi:10.5531/db.vz.0001. Consultado o 11 de maio de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Escalona Sulbarán, Moisés; La Marca, Enrique; Castellanos, Michelle; Fouquet, Antoine; Crawford, Andrew J.; Rojas-Runjaic, Fernando J.M.; Giaretta, Ariovaldo A.; Señaris, J. Celsa; Castroviejo-Fisher, Santiago (2021-06-08). "Integrative taxonomy reveals a new but common Neotropical treefrog, hidden under the name Boana xerophylla". Zootaxa 4981 (3): 401–448. PMID 34186712. doi:10.11646/zootaxa.4981.3.1. Consultado o 2022-04-27.
- ↑ 4,0 4,1 Medina, Ricardo; Wogan, Guinevere O. U.; Bi, Ke; Termignoni‐García, Flavia; Bernal, Manuel Hernando; Jaramillo‐Correa, Juan P.; Wang, Ian J.; Vázquez‐Domínguez, Ella (agsto de 2021). "Phenotypic and genomic diversification with isolation by environment along elevational gradients in a neotropical treefrog". Molecular Ecology (en inglés) 30 (16): 4062–4076. PMID 34160853. doi:10.1111/mec.16035.