Bob Fullarton
Bob Fullarton | |
---|---|
Posición | Pivote |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Nacemento | 1950 (74 anos) Wisconsin, Estados Unidos |
Carreira | |
Tempadas | 1973–1981 |
Universidade | Xavier (1969–1973) |
Equipo(s) | |
La Casera Lugo (1973–1975) Breogán Lugo (1975–1977) Bàsquet Manresa (1977–1981) | |
Estatísticas (ACB) | |
Puntos | - |
Asistencias | - |
Rebotes | - |
Premios | |
1× Máximo anotador de Primeira (1976, 30,3) |
Robert Fullarton, coñecido como Bob Fullarton, nado en 1950 no estado de Wisconsin, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,08 metros foi un dos xogadores máis destacados do baloncesto español da década de 1970.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Bob Fullarton comezou a xogar ao baloncesto condicionado pola súa estatura, tendo ademais boas calidades físicas e técnicas para iso, polo que acabou xogando na NCAA para a Universidade de Xavier (Cincinatti). Tras pasar catro anos no baloncesto universitario entro no Draft da NBA, onde foi elixido polos Buffalo Braves (hoxe Los Angeles Clippers), con todo non chegou a debutar co equipo na NBA.
Sen equipo Fullarton falou co seu axente de ir a xogar a Europa, recibindo dúas ofertas, unha do Pineda e outra do La Casera de Lugo. Tras xogar dúas temporadas co La Casera, asina co equipo rival da cidade, o Breogán, co xogou dúas temporadas na elite do baloncesto estatal, chegando a ser o máximo anotador na temporada 1975-76 con 30,3 puntos por encontro (968 en total, a marca máis alta da historia da liga). Tras cinco anos en Lugo, e co descenso do equipo á Segunda División Fullarton marchou ao Bàsquet Manresa, onde chegou a ser subcampión da Copa do Rei. Retirado do baloncesto, foi homenaxeado tanto en Lugo como en Manresa.[1]
Equipos[editar | editar a fonte]
- Universidade de Xavier (1969–1973)
- La Casera Lugo (1973–1975)
- Breogán Lugo (1975–1977)
- Bàsquet Manresa (1977–1981)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Bob Fullarton". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2010. Consultado o 20 de maio de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en acb.com
- Artigo sobre Fullarton, "O ídolo de dúas cidades"Arquivado 03 de decembro de 2010 en Wayback Machine.