Saltar ao contido

Bob Keen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBob Keen
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Inglaterra, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquillador, director de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0444571 Allocine: 77933 Allmovie: p97007 BNE: XX1260032 Editar o valor en Wikidata

Robert Keen, máis coñecido como Bob Keen, nado en 1960, é un cineasta británico especializado en cine fantástico e de terror. Traballou como experto en efectos especiais e de maquillaxe, ademais de como director e guionista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a traballar no cine como creador de efectos especiais e de maquillaxe de personaxes monstruosos, sendo a película máis coñecida deste período Hellraiser (1987), realizada por Clive Barker. Keen continuaría traballando coa súa compañía, Image Animation, para as sagas de Hellraiser e Candyman, ao mesmo tempo que empezaba a exercer como axudante de dirección e guionista. Debutou a mediados da década dos 90 na realización, sempre dentro do cinema fantástico e de terror, con películas como Proteus (1995) ou The Lost World (1998).

Galardóns

[editar | editar a fonte]

De momento tivo 6 nomeamentos para os Saturn Awards, sempre na categoría de mellor maquillaxe.[1]

  1. http://www.imdb.com/name/nm0444571/awards IMDB: Premios para Bob Keen