Saltar ao contido

Bobby Jones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBobby Jones

(1916) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) .Robert Tyre Jones Jr Editar o valor en Wikidata
17 de marzo de 1902 Editar o valor en Wikidata
Atlanta, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte18 de decembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Atlanta, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedistúrbio neurológico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOakland Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Harvard College
Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia
Marist School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, golfista, xurista Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportegolf Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- Georgia Tech Yellow Jackets men's golf
Obra
Arquivos en
Premios

Sitio webbobbyjones.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0427602 Discogs: 1031073 WikiTree: Jones-57588 Find a Grave: 553 Editar o valor en Wikidata

Robert Bobby Tyre Jones, nado en Atlanta (Xeorxia) o 17 de marzo de 1902 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1971, foi un golfista estadounidense, que a pesar de estar considerado como un dos mellores de todos os tempos, non foi profesional, porque consideraba o golf un pracer e non un emprego.

Os seus maiores triunfos tívoos entre 1923 e 1930, vencendo en trece dos 21 campionatos nacionais nos que se presentou. Gañou tres veces o Aberto Británico, catro veces o US Open, cinco veces o Campionato Afeccionado dos Estados Unidos e unha vez o Campionato Británico Afeccionado. En 1930, Jones logrou os catro torneos. Tamén xogou a Copa Walker entre 1922 e 1930, en representación do golf afeccionado dos Estados Unidos.

En 1974 inscribiuse o seu nome no Salón da Fama do Golf Mundial.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa habilidade manifestouse dende cativo e non recibiu clases de golf. Aos seis anos de idade gañou o seu primeiro torneo no East Lake Country Club, en cuxas proximidades vivía a súa familia. Tras obter varios títulos máis, Jones chegou a ser aos catorce anos o xogador máis novo do Campionato Estadounidense Afeccionado.

Jones era moi perfeccionista co seu xogo e el mesmo sometíase a unha gran presión psíquica, nalgún torneo ata chegou a perder varios quilos de peso por culpa do estrés. Outra das súas características era o mal xenio, polo que non era raro velo tirar con furia os paus durante os torneos e nunha ocasión foi suspendido por un tempo.

Despois de retirarse do golf aos vinte e oito anos, Jones exerceu a súa profesión de avogado,[2] escribiu libros sobre golf e deu clases. Jones foi pioneiro en rodar filmes instrutivos de golf por encargo da Warner Bros. Tamén asesorou a empresa Spalding na construción de paus. Tras rexeitar 200 modelos diferentes, deu finalmente a súa aprobación a un xogo de paus que o satisfixo. Distinguíanse do resto por ter unha vara de aceiro, característica que acabou por substituír a madeira que se viña empregando ata entón. Outra innovación consistía en que cada pau se designaba por un número en lugar dos antigos nomes escoceses. Esta novidade converteuse en estándar. Jones deseñou xunto con Alister Mackenzie o Augusta National Course, inspirado en Old Course de St. Andrews (Escocia) e poucos anos máis tarde creou o Masters de Augusta.[3]

Jones serviu dende 1942 como capitán no exército estadounidense durante a segunda guerra mundial e tomou parte no desembarco de Normandía. En 1948 foille diagnosticada unha rara doenza do sistema nervioso central, siringomielia, que enche a cavidade da espiña dorsal con fluídos que primeiro causan dores e logo parálise, o que lle impediu volver xogar ao golf. Padecía fortes dores nas costas e no pescozo. Ao principio empregaba un bastón para camiñar, logo tivo que apoiarse en muletas e por último quedou nunha cadeira de rodas. Tras vinte e dous anos de sufrir dores de diversa intensidade, faleceu aos sesenta e nove anos, tres días despois de converterse ao catolicismo.[4]

Tumba de Jones no cemiterio Oakland
  1. "Bobby Jones". World Golf Hall of Fame. Consultado o 28 de maio de 2011. 
  2. Litsky, Frank (19 de decembro de 1971). "Bobby Jones, Golf Master, Dies; Only Player to Win Grand Slam". The New York Times. Consultado o 1 de setembro de 2013. 
  3. Owen, David (2 de abril de 2003). The Making of the Masters: Clifford Roberts, Augusta National, and Golf's Most Prestigious Tournament. Simon & Schuster. ISBN 0-684-86751-6. 
  4. "Bobby Jones dies after long illness". News and Courier (Charleston, SC). Associated Press. 19 de decembro de 1971. p. 2B. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]